jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO: Carmiña Miudiña: "A pinga aventureira"

    Unha das actividades realizadas para conmemorar este día foi o contacontos Carmiña Miudiña: "A pinga aventureira".

    Esta actividade foi patrocinada polo Concello de Sober a través do programa Cultura no camiño.

    Durante este conto os nenos e nenas do noso centro e do PAI puideron disfrutar da narración ademáis de aprender moitas cousas con esta pinga científica e aventureira sobre a auga e o seu ciclo e sobre a importancia da reciclaxe para manter un mundo mellor.






    Durante esta actividade levamos unha gran sorpresa: a pinga aventureira fixo realidade a nosa mascota que chegou desde Nova Iork e que agora xa descansa nun dos nosos andeis.


No seguinte video podes revivir a chegada de Lectuvín á biblioteca


DÍA DO LIBRO: INVESTIGAMOS

Por que o 23 de abril e non outro se celebra este día?

A que autores se debe?

Para coñecer a resposta a estas e outras preguntas deixámosche aquí unha webquest elaborada polo CEIP Los Campanales (Las lagunas)

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~29602220/Mi_Caza/Dia_del_Libro3.htmMirade aos alumnos de 3º e 4º realizando esta webquest con moito interese

martes, 21 de abril de 2015

LIBROS INFANTÍS, GRATUÍTOS E PARA LER EN PANTALLA

      A editorial Weeble preséntase como un pequeno grupo de nais e pais que deron paso a unha rede de persoas comprometidas coa Educación e dispostas a investir o seu tempo na Creación de libros infantis para ler en Pantalla. Escriben, ilustran e traducen.
 
     Algúns destes libros como estrelas viaxe ás , A miña primeira viaxe ao Sistema solar , ...tamén en 
Moitas grazas dende aquí a todas  as persoas que de xeito altruista nos proporcionan este servizo.

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: 23 de abril


    O día 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro. O marcapáxinas da imaxe é o elaborado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia cun texto inédito de María Solar.

    No noso centro, celebraremos este día coa actuación de Carmiña Miudiña "A Pinga aventureira"
 

   Para saber máis cousas sobre o Día do Libro realizar moitas tarefas deixámosvos o enlace do EDILIM elaborado pola profesora Montserrat Fernández Montes:
 
http://engalego.es/curso/lim/23_de_abril_dia_del_libro1/23_de_abril_dia_del_libro.html

lunes, 20 de abril de 2015

ILUSTRACIÓN DO CONTO: MARÍA CASTAÑA

Xa temos rematada a nosa ilustración para o conto María Castaña. Unha muller para o 8 de Marzo.

No noso centro tocounos ilustrar o seguinte texto:

"Cando chegaron a Lugo, María Castaña quedou abraiada. Nunca vira nada igual, a muralla romana, a catedral, o pazo do bispo a carón dela, casas grandes de pedra que pertencían á nobreza e outras casas máis pequenas que pertencían aos artesáns e comerciantes."

Basándonos no texto, a ilustración que fixemos foi a seguinte:

  
No cole sentímonos moi orgullosos do traballo deste grupo de alumnos: NORABOA!!

 

viernes, 10 de abril de 2015

CLUB DE LECTURA: La góndola fantasma (Gianni Rodari)

    O club de lectura dos alumnos e alumnas de 5º de Primaria estrésase co libro "La góndola fantasma" de Gianni Rodari.

   Durante varias sesións os membros do club, puxeron en común os seus pensamentos sobre o libro tratando temas como o argumentos ou os protatonistas; sen olvidar ao autor.


   Pero tamén houbo tempo para investigar sobre aspectos relacionados co libro: as góndolas, Venecia, cidades con canais...

   
Con toda a investigación realizada, fixeron un documento Word ao que se lle asignou un código QR que agora está pegado en todos os exemplares deste libro da biblioteca para que calquera usuario poida acceder a este traballo.

  Esta primeira experiencia do club lector a través deste libro, foi unha experiencia moi positiva que nos anima a seguir xa coa seguinte proposta.



APRENDENDO A ATAR OS CORDÓNS CON POESÍA

    Atar os cordóns é algo moi difícil para os nenos e nenas máis pequenos; por iso cos alumnos da clase de 1º e 2º fixemos unhas zapatillas preciosas para practicar.
   
    Como uns dos valores que traballamos moito no centro a través do Programa Voz Natura son a reciclaxe e reutilización, para facelos debuxamos as zapatillas empregando como soporte cartóns de caixas que o alumnado trouxo da súa casa:


    Unha vez que as zapatillas están feitas, temos que aprender a atalas e para iso empregamos unha poesía que nos facilita a aprendizaxe:
COLLE  OS  DOUS  CORDÓNS
UNHA  CRUZ  TES  QUE  FORMAR
PASA  UN  DELES  POLA  COVA
E  DESPOIS  A  ESTIRAR

AGORA  CON  DOUS  LAZOS
OUTRA  CRUZ  TES  QUE  FORMAR
PASA  UN  DELES  POLA  COVA
E  DESPOIS  A  ESTIRAR.

    E tras aprender a retahíla e moito practicar, aquí tedes as zapatillas ben atadiñas:


    Por certo, para atar as zapatillas utilizamos os cordóns que lles repartiron aos nenos na campaña Separemos ben. Reciclaremos mellor; uns cordóns de Mr. Iglú que lles recordan aos nenos a importancia de separar para reciclar.

    No seguinte enlace podes acceder á páxina de Mr. Iglú, onde te esperan unha chea de sorpresas e xogos.

http://www.daledecomeramriglu.com/