viernes, 9 de septiembre de 2016

Montaxe do escornabot: INTERRUPTOR

   Para acender e apagar o escornabot, necesitaremos un interruptor. Este interruptor está unido ao soporte das pilas:

    Empezaremos por colocalo na peza correspondente desprazándoo pola ranura da mesma:


Agora só nos queda colocalo no seu lugar na parte de abaixo do escornabot:

jueves, 8 de septiembre de 2016

Montaxe dos escornabots: MOTORES

Temos que colocar un motor a cada lado do Escornabot


Suxeitaremos cada un deles cun par de parafusos


 Unha boa idea, para despois é marcar cun L (esquerda) ou R (dereita) os extremos dos motores; 
así saberemos perfectamente a cal corresponde cada un.

Montaxe dos escornabots: PLACA ARDUINO

    Hoxe colocaremos a placa do Arduino; para isto necesitamos o soporte, a placa e o Arduino:


    Para montar estas pezas, só necesitamos desprazar a placa pola ranura do seu soporte e encaixar ben o Arduino:

Debería quedar así:


Agora só nos queda unir cun parafuso o que acabamos de montar 
coa estrutura do soporte das pilas feito anteriormente:

miércoles, 7 de septiembre de 2016

Montaxe dos escornabots: SOPORTE DAS PILAS

    O primeiro é montar a estrutura para o soporte das pilas; para isto, uniremos as pezas cos parafusos tal como se mostra na seguinte imaxe:


   Hai que deixar frouxos os parafusos que suxeitan o soporte da bóla para poder insertar despois o soporte das pilas

   A continuación colocamos as pilas no seu soporte e o soporte na estrutura anterior. Agora xa podemos apertar os parafusos que deixamos frouxos anteriormente




martes, 6 de septiembre de 2016

Montaxe dos escornabots: AS RODAS

Para montar as rodas necesitamos:
- 2 rodas
- 2 parafusos sen punta
- 2 xuntas tóricas
- 2 porcas
- 1 parafuso

    Primeiro hai que introducir as porcas nos buratos pequenos deixando unda das esquinas cara arriba, formando un pico como na imaxe:


   A continuación poñemos os parafusos sen apertar demasiado e, por último, colocamos as xuntas arredor das rodas:

Montaxe dos escornabots: TEMOS UN ESCORNABOT!!

Por fin temos un escornabot mo centro...e agora qué?


O primeiro será recoñecer e ordear os materiais que chegan
 así como saber as ferramentas que nos farán falta

MATERIAIS:

FERRAMENTAS:

AGORA  XA  PODEMOS  EMPEZAR!!

BENVIDOS A UN NOVO CURSO NA BIBLIOTECA!!

    Comeza un novo curso escolar, o curso correspondente aos anos 2016/2017 e con el un novo lema e un novo cartel para a campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

    A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.   

    Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura e as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)