viernes, 14 de octubre de 2016

OLA MUNDO!

  Unha das tarefas do curso de formación sobre Escornabots que estamos facendo por ser elexidos para participar neste programa piloto é programar o Escornabot para que unha das súas luces parpadee como saúdando.

   Aquí podedes ver o saúdo do Escornabot do colexio
https://drive.google.com/open?id=0B1dZpvoiedBaQ1BvRWhTZ3FEWmc

miércoles, 21 de septiembre de 2016

Dia da Bibliodiversidade

    O Día da Bibliodiversidade  celébrase desde o año 2010 cada 21 de setembro a proposta dun grupo de editores reunido na Alianza Internacional de Editores Independientes (AIEI).

   O obxectivo desta iniciativa é difundir e reflexionar sobre a importancia da bibliodiversidade: a diversidade cultural e a pluralidade de contidos no mundo do libro.

martes, 20 de septiembre de 2016

Cantos contos!!!

Nos seguintes enlaces encontrarás moitos e divertidos contos!!!


ANÍMATE  A  PROBALOS!!!
http://www.cuentosinteractivos.org/
 IVÁN  Y  NAVI  para  nenos e nenas  de  3  a  6  anos

http://www.cuentosinteractivos.org/
EL  MUNDO  AL  REVÉS  con  diferentes versións de contos populares 
para nenos  e  nenas  de  6  a  8  anos

 EL  LIBRO  DE  LOS  CUENTOS  DEL  MUNDO
Neste enlace poderás acceder a contos e historias de diferentes países

lunes, 12 de septiembre de 2016

Montaxe do escornabot: REMATANDO

Xa nos queda pouquiño para rematar o escornabot!!

Os dous últimos pasos son suxeitar ás rodas e colocar a bóla de rodamento no seu lugar

O escornabot xa está listo para funcionar!!!

Aínda que para adaptalo un pouco a nosa biblioteca, 
podemos personalizalo para que se pareza Lectuvín

Montaxe dos escornabots: PLACA BASE

    Para montar a placa base coas seguintes pezas necesitarás unha estación de soldadura a 300 º e estaño de 1 mm

    Comezaremos colocando as resistencias de R2 a R6. Unha vez introducidas no seu lugar, soldamos por detrás:

 Cando as teñamos todas listas, cortamos o arame sobrante:


A continuación soldamos os botóns de S1 a S5

e despois J1 con coidado de que quede recto:


 XA  TEMOS  LISTA  A  PLACA  BASE!!

    Para colocala no seu lugar, poñémola na parte superior do escornabot seguida das outras pezas da botoneira e suxeitamos todo cos dous parafusos máis longos tendo coidado de respectar o burato para as conexións que faltan:



viernes, 9 de septiembre de 2016

Montaxe dos escornabots: CONEXIÓNS

    Para que non haxa problemas no referido ás conexións do escornabot, faille caso aos seguintes consellos:

1) Fíxate nas cores dos cables que veñen do soporte das pilas: o vermello é o que vai na parte superior

2) Antes de continuar, acende o robot no interruptor. Se a conexión está ben, ten que iluminarse a luz dianteira:

3) Antes de chegar ao seu destino, enrola os cables dos motores de xeito que non queden frouxos:

 4) A conexión que marcamos antes coa letra R irá na parte superior e, polo tanto, a letra L na inferior.

Agora o teu escornabot debería parecerse a este: