viernes, 24 de febrero de 2017

BIBLIOTECA ESCOLAR TERRITORIO DAS ARTES - Entroido 2017

    Este ano quixemos dedicar o desfile escolar de entroido ao mundo da arte, convertendo o colexio nun gran museo pero tamén descubrindo e compartindo obras artísticas tanto contemporáneas como doutros tempos.
   Baixo o lema deste ano: Biblioteca Escolar, territorio das artes, o PLAMBE proponnos espertar o interese por achegarse aos produtos artísticos e aprecialos e tamén experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura e as artes visuais.
    Para isto, cada unha das clases do noso centro investigou sobre unha arte diferente (en que consiste, obras representativas, autores recoñecidos...) e plasmouna nos seus disfraces que por diante levaban a obra escollida por cada alumno/a e por tras o lema da biblioteca e un cartel identificando dita arte:
- INFANTIL A: Música
- INFANTIL B: Cine
- 1º e 2º: Arquitectura
- 3º e 4º: Escultura
- 5º e 6º: Pintura
- AS PROFES: Literatura

   Ademais estivemos acompañados polas compañeiras e os nenos e nenas do PAI de Sober que representaban aos artistas.

   A continuación podedes ver un pequeno resumo neste vídeo

   Podes ver todas as imaxes deste desfile no seguinte enlace: GALERÍA  DE   FOTOS

jueves, 23 de febrero de 2017

XOVES DE ENTROIDO: COPLAS A JOSÉ MANUEL

   Con esta comanda do Meco e unhas coplas de entroido, quixemos homenaxear ao noso director que se xubilará ao rematar o curso

No seguinte vídeo podedes escoitar as coplas e revivir este momento


miércoles, 22 de febrero de 2017

O NOSO CORPO

    Este ano o alumnado de Infantil está a traballar o seu corpo a través dos escornabots.

    Dividimos ao alumnado en grupos e en cada taboleiro repartimos partes do corpo dun neno ou dunha nena.

   Eles teñen que conseguir mover o escornabot polo taboleiro para acadar as pezas correspondentes e formar o seu quebracabezas que logo colorearán

martes, 21 de febrero de 2017

FÓSILES NA BIBLIOTECA

    Os biblioaxudantes Rocío e Herbert axudados por Uxía; faláronnos hoxe de fósiles.

    A orixe deste traballo de investigación foi a visita que Herbert e Uxía fixeron a Lyme Regis; unha localidade costeira británica coñecida como "A Perla de Dorset" pola cantidade de fósiles atopados nos seus acantilados e praias. 

    A costa que rodea Lyme Regis sofre grandes movementos de terra o que provoca que os fósiles da época xurásica queden á vista sobre as praias.

    Desta visita, eles mesmos trouxeron restos que nos ensinaron despois da súa exposición.





CIENCIA EN INGLÉS COS ESCORNABOTS

    Xa que temos a Zoe, a auxiliar de conversa, na clase de Ciencias da Natureza en 1º e 2º de Primaria; traballamos os animais e vocabulario en inglés.

    Colocamos as tarxetas de animais no taboleiro e tiramos os dados.

   Despois, programamos o escornabot tantas movementos como puntos conseguimos na tirada; tentando caer nunha casilla con imaxe.

    Se, o xogador/a coñece o nome dese animal en inglés e é capaz de dicir a qué especie pertence (Mamífero, ave, anfibio, réptil, peixe ou insecto) queda co animal para si.

    Cando se rematan as imaxes de animais; gaña o xogo quen máis tarxetas teña.



lunes, 20 de febrero de 2017

INSTRUMENTOS DE PEQUENA PERCUSIÓN

   Con esta actividade, tratamos de interiorizar o son dos instrumentos de pequena percusión facendo fincapé nas diferentes familias: parche, madeira e metal.

    Con esta finalidade elaboramos un taboleiro con códigos QR enlazados a vídeos cos sons destes instrumentos e imaxes dos memos.

    O alumno debe dirixir o escornabot a un código QR

A continuación terá que ler o código coa tablet. 


Para rematar, dirixirá o escornabot ao instrumento correspondente e tocamolo na clase.

FICHA  DIDÁCTICA
TABOLEIRO

viernes, 17 de febrero de 2017

AS FAMILIAS CONTAN - Familia de Senén

    Nesta xornada de As familias contan, tivemos na biblioteca a Sonia e a Senén que nos contaron o conto: Quen necesita un sombreiro máxico? de M. Jesús Bolta

    Sonia, narrounos a historia de Sabela que ten un sombreiro máxico que fai realidade todos os seus desexos pero aínda así...non é feliz! 
    
     A través deste conto, puidemos reflexionar sobre a felicidade e a importancia dos amigos:
- Que necesito para ser feliz?  
- Necesito cousas materiais? 
- Podo ser feliz sen moitos xoguetes?


Moitas grazas aos dous por contarnos esta historia, 
estamos encantados do voso paso pola bibioteca!!