viernes, 2 de noviembre de 2018

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ada

    Estreamos esta actividades cunha nai moi coñecida para os nenos e nenas do noso colexio: Antía, a nai de Ada.
  Entre as dúas contáronnos Con tango somos tres de Justin Richardson e Peter Parnell, un libro que recolle a historia real de dous pingüíns do zoo de Central Park que formaron unha familia diferente.

    Ademais, antes de marchar, Antía e Ada pasaron polos estudios de Radiuvín para gravar esta historia e que todos poidades coñecela ou recordala.




MOITAS  GRAZAS ÁS  DÚAS!!
 

miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN 2018

    Para a celebración de Samaín e Halloween desde a biblioteca preparamos un montón de actividades:
    - Exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos
    - Contos de medo que máis que medo, dan risa do contacontos Pedro Brandariz e que podedes recordar no seguinte enlace:
   - Lecturas de medo relacionadas con esta época do ano que se estiveron durante toda a semana no expositor da entrada á biblioteca.
    - Certame de creación literaria para o alumnado de 3º a 6º de Primaria. Neste certame, dámoslle ao alumnado o  principio  dun  libro  para  que  eles  reinventen  a  historia; este  ano  os  libros  propostos  foron  Operación Frankestein de Fermín Solís para 3º e 4º de Primaria e Mortiña de Bárbara Cantini para 5º e 6º.
      Pola tarde, os gañadores do certame de creación literaria foron os protagonistas das Lecturas de medo lendo as súas historias ao resto do alumnado.

   Ademais nestas lecturas de medo, cantando a canción do Samaín de Mamá Cabra do seu disco

 NO   SEGUINTE  VÍDEO  PODEDES  VER   O   RESUMO  DAS   ACTIVIDADES

martes, 30 de octubre de 2018

PARABÉNS Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL!!

    Hoxe a Biblioteca Pública Municipal do noso concello está de noraboa pois co seu proxecto Sober lee 2018, foi premiada na XIX Campaña de Animación a Lectura María Moliner organizada polo Ministerio de Educación; mantendo o nivel que lle levou a acadar este mesmo galardón o curso pasado.

   Este concurso ten por obxectivo "premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, á eficiencia e á labor bibliotecaria, á integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías" (www.mecd.gob.es).

   Acadar este galardón un ano máis, reflexa o bo facer de Julia Fernández Garza, Rocío Fernández e de Dunia Vázquez.

PARABÉNS  COMPAÑEIRAS!!! 

lunes, 29 de octubre de 2018

CONTOS DE MEDO QUE DAN RISA

    Comezamos o Samaín cunha actividade de animación á lectura subvencionada polo Concello de Sober, o contacontos de Pedro Brandariz: Contos de medo que dan risa.
  Durante esta sesión de contacontos, puidemos escoitar a historia da pantasma cataplasma (versión do conto Un fastama en apuros de Laura Gallego) escenificada por algúns alumnos do centro e Xaime e as landras de Tim Bowley.
   Antes de rematar, aínda houbo tempo dalgún truco de maxia que nos deixou abraiados!!

MOITAS  GRAZAS  AO  CONCELLO  E  A  PEDRO  BRANDARIZ 
POR  ESTA  SESIÓN  DE  ANIMACIÓN  Á  LECTURA  TAN  DIVERTIDA!!

viernes, 26 de octubre de 2018

COMEZAN AS EMISIÓNS DE RADIUVÍN: DÍA DA BIBLIOTECA

    Chega o Día da Biblioteca e todo o relacionado con ela empeza a espertar do seu descanso estival; inlcuída Radiuvín, a nosa radio.

    Para comezar, que mellor que lembrar todo o que fixemos o ano pasado co vídeo recopilatorio que nos mandan desde Rede Espora?

    Neste vídeo poderedes ver os primeiros pasos dos colexios que entramos o ano pasado no Proxecto Radio na biblio.
   
   E como non podería ser doutro xeito, comezamos a emisión cun programa relacionado coa nosa biblioteca; un programa no que os alumnos de 3º e 4º de Primaria nos informan sobre todo o acontecido o día da biblioteca e os alumnos de 5º e 6º nos contan o que máis lles gusta da biblioteca do cole para que non dubidedes en ir a ela.

jueves, 25 de octubre de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA na prensa

   Mirade a noticia que adica hoxe El Progreso á nosa celebración do día da biblioteca,
 unha noticia que non pasa desapercibida porque ocupa media páxina!!

El Progreso, 25 - 10 - 2018


RETO LECTOR PARA O VERÁN

Recordades que en xuño propuxémoslles aos nosos alumnos un reto lector para o verán?

  Pois aquí tedes aos nenos e nenas que foron quen de cumprilo recibindo un agasallo
NORABOA  LECTORES!!