miércoles, 2 de enero de 2019

PREMIOS CERTAME DE NADAL DA BPM - 2018

   Todos os anos, o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. 

   Por iso, as postais dos nosos alumnos e alumnas están expostas no Centro Sociocultural de Sober durante as vacacións .
    A entrega de premios deste certame comezou coa actuación do grupo local O Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis tanto propios como recollidos na nosa zona ou doutras culturas.

   Despois o alcalde entregou os premios dos que o colexio recibiu un premio á participación, consistente nun diploma e un lote de libros para a nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que estaban presentes neste acto.
 
    O acto foi publicado en varios xornais o día 3/01/2019:
El Progreso, 3/01/2019
La Voz de Galicia, 3/01/2019
Diario de Lemos, 3/01/2019

viernes, 28 de diciembre de 2018

EDUGA (Xullo - decembro 2018)

     A  EDUGA (www.edu.xunta.es/eduga) é a Revista Galega do Ensino publicada pola Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria. Nela recóllense entre outras seccións, experiencias innovadoras, boas prácticas e artigos de investigacións.
   No seu último volume publicado, o número 76 (xullo-decembro 2018), poderedes ler o artigo As bibliotecas escolares: lugares para a exploración e a experimentación de Cristina Novoa, da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.
 http://www.edu.xunta.gal/eduga/1658/biblioteca-escolar/bibliotecas-escolares-lugares-para-exploracion-experimentacion

  Neste artigo, a autora fala sobre "un novo modelo de biblioteca que reborda absolutamente a conceptualización tradicional que a relaciona co recollemento, a lectura silenciosa e á sacralización do libro como obxecto de culto e sitúa a biblioteca escolar como un espazo de converxencia cultural, o hub central, o centro de recursos para a aprendizaxe e mesmo cara a espazos creativos de aprendizaxe, onde non son os libros os únicos recursos dispoñibles, senón que o deseño de amplos espazos multidisciplinares, diversos, e a disposición de recursos que inclúen os medios de comunicación, os dispositivos dixitais conectados á rede, así como outras posibilidades para a experimentación, a cultura maker, en definitiva a cultura da participación".

    Un dos apartados do artigo está adicado a Prácticas de interese sobre exemplos reais en bibliotecas escolares de Galicia, e nese apartado pódese ler unha referencia ao noso centro xunto a outros centros como o CEIP Pepe Xan de Baña de Santa Comba, a EEI Barrionovo de Arteixo, o CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal, o CEIP Condesa de Fenosa de O Barco ou o CEIP Vilar de Barrio de Vilar de Barrio.


   Non dubidedes en ler o artigo porque é moi interesante:

lunes, 24 de diciembre de 2018

RADIOS ESCOLARES, MUCHO MÁS QUE UN MEDIO - ABC 24/12/2018

   O xornal ABC publicou o artigo Radios Escolares, mucho más que un medio o día 24 de decembro.
ABC, 24/12/2018
    Neste artigo falan sobre o proxecto Radio na biblio que se está desenvolvendo en 50 centros educativos de Galicia e recollen as impresións de varios mestres de centros que participamos no proxecto: Beatriz Otero do CEIP Enrique Barreiro de Cambados, Dolores Sánchez do CPI Manuel Suárez de O Rosal e Flora Grande do noso centro.

viernes, 21 de diciembre de 2018

OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN EN NADAL

   Para rematar as actividades deste trimestre na biblioteca, as biblioaxudantes Aitana e Francesca foron as encargadas de contarlles aos demais nenos e nenas do centro o conto Tento e mailo Nadal de Ricardo Alcántara no que Tento lle pide a Papá Noel un patinete, traerallo??

CERTAME DE CONTOS DE NADAL

   Xa ven sendo unha tradición o Certame de contos de Nadal para 3º e 4º de Primaria organizado pola profesora de Lengua Castellana.

   Nas seguintes imaxes podedes ver aos gañadores deste certame compartindo as súas historias co resto do alumnado do centro.
 

NORABOA  POR  ESES  ESTUPENDOS  RELATOS!!

FELICITACIÓN DE NADAL

   O Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, queremos compartir os nosos mellores desexos para estas festas e para o próximo ano coa panxoliña Unha vez máis de Jesús Pareja.



miércoles, 19 de diciembre de 2018

POSTAIS CON ELEMENTOS 3D

   Outras postais que saíron da Biblioteca Creativa do centro este Nadal, foron as postais con elementos 3D. 

     Destas postais fixéronse dous modelos; o primeiro foi unha árbore de Nadal para a que imprimimos un tronco e unha estrela que deseñamos en tinkercad. Para adornala uilizamos cintas, adornos e restos de papeis para facer os agasallos.
    Para a segunda postal utilizamos de novo Tinkercad para deseñar o nariz vermello do reno Rodolfo e os seus ollos.

   Para os cornos, descargamos un anel de reno de FLOWALISTIK no seguinte enlace (https://www.thingiverse.com/thing:208661) e recortamos a parte que vai no dedo. Despois redimensionamos no Cura os cornos propiamente ditos.

   Unhas postais moi alegres que xa podedes ver no corredor principal do colexio.