jueves, 24 de enero de 2019

DETECTI 5º / 6º. Segundo reto

Recordades o segundo reto plantexado a semana pasada?

Pois xa temos  aquí a solución:



      As bandeiras son pezas de tea rectangulares con franxas de cor, escudos ou imaxes simbólicas que se empregan como insignia dun país, un equipo, unha dinastía... 

    En principio eran sinais militares que identificaban os grupos de soldados e distinguían aos compañeiros dos enimigos.


E agora... listos para seguir investigando??


Esperámosvos  a  próxima  semana!!

COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS (II)

XA  TEMOS  RESPOSTA  DE  RADIO  GUÍMARO!!

Compartimos a súa publicación e engadimos un mapa dos concellos da
provincia de Lugo para poder situarnos mentres escoitamos:

      Despois de iniciar esta emocionante serie de programas de radio escolar a través do proxecto Radio na Biblio de Plambe, hoxe tocounos respostar á primeira pregunta que días atrás nos facian os compañeiros do CEIP Plurilingüe de Sober. 

      De camiño enviámoslles nós a nosa primeira  pregunta.

      A través de programas de ida e volta irémonos coñecendo un chisco máis!

      Se queredes coñecer a información que recollemos escoitade o noso programa.



lunes, 21 de enero de 2019

BÁDMINTON PLUS

     Esta semana, os alumnos de 5º e 6º de Primaria recibiron a formación de bádminton que forma parte do programa de Promoción "Bádminton + Plus".
    Da man de Jesús Gómez, Presidente do Club Escola Rosalía de bádminton de Vigo, o noso alumnado aprendeu conceptos como: a historia básica do bádminton (descubrindo que os galegos foron os pioneiros en España neste deporte); o material necesario; o agarre da raqueta e o seu manexo (golpes básicos, colocación e desprazamento dentro do campo...). Todo iso a través de xogos dinámicos e moi divertidos que fixeron que os nosos alumnos disfrutaran moito da actividade.
    Para rematar, entregáronse unos agasallos aos participantes da actividade en forma de volante de bádminton fabricados coa impresora 3D do centro basándonos no deseño dun chaveiro de palawanisland dispoñible en thingiverse (https://www.thingiverse.com/thing:1348241ao que engadimos unha base co nome do noso centro.
   Desde  o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme queremos dar grazas a Jesús Gómez pola súa colaboración para achegar ao noso alumnado a este espectacular e complexo deporte.

jueves, 17 de enero de 2019

DETECTI 5º / 6º - Primeiro reto

Como recordaredes, a semana pasada presentamos este concurso e o seu primeiro reto:
Pois ben, xa temos a resposta correcta!
Queredes sabela? 
Escoitade aos nosos investigadores



Agora xa o sabedes:

   En 1665, o científico e arquitecto británico Robert Hooke examinando unha capa delgada de corcho a través dun microcospio que el mesmo inventou, encontrou gran cantidade de pequenos espazos con forma de panal de abella e chamoulles "celdillas" o que acabou derivando en "células"

Listos para o novo reto??

Esperámosvos  a  próxima  semana!!

viernes, 11 de enero de 2019

DETECTI 5º/6º

    O ano novo tróuxonos novas actividades, unha delas o concurso Detecti 5º/6º: Axencia de detectives, un concurso semanal co que trataremos de mellorar a capacidade de investigación dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria.

  Cada semana presentarase un reto ou pregunta que estes alumnos deberán investigar. Cando teñan a  resposta deixarana no sobre de solucións e as profes comprobarán se é correcta e se acadan ou non o punto correspondente ao desafío.

  Na seguinte semana daremos a coñecer a resposta correcta a través de Radiuvín e propoñeremos o seguinte reto.
 Estades listos para comezar a investigar??

Pois aquí deixamos a primeira pregunta

 

MOITA  SORTE  A  TOD@S!!

miércoles, 9 de enero de 2019

SOBERICIAS: Premios Certame de Nadal

    Sobericias, o programa que che conta as mellores noticias céntrase nesta emisión nos premios do Certame de Nadal convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Sober nas modalidades de Poesía e Postais.

    Da man dos seus locutores, Xoán, Laura e Mara, coñeceremos todos os detalles deste certame e escoitaremos os poemas premiados na voz dos seus autores: Cristian, Brais, Aitana e Uxía.

miércoles, 2 de enero de 2019

PREMIOS CERTAME DE NADAL DA BPM - 2018

   Todos os anos, o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. 

   Por iso, as postais dos nosos alumnos e alumnas están expostas no Centro Sociocultural de Sober durante as vacacións .
    A entrega de premios deste certame comezou coa actuación do grupo local O Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis tanto propios como recollidos na nosa zona ou doutras culturas.

   Despois o alcalde entregou os premios dos que o colexio recibiu un premio á participación, consistente nun diploma e un lote de libros para a nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que estaban presentes neste acto.
 
    O acto foi publicado en varios xornais o día 3/01/2019:
El Progreso, 3/01/2019
La Voz de Galicia, 3/01/2019
Diario de Lemos, 3/01/2019