lunes, 4 de febrero de 2019

MULTIPLICAMOS?

    Aprender as táboas de multiplicar é un pouco aburrido; por iso adaptamos o xogo das tartarugas intentando que sexa máis divertido.

     O xogo está pensado para 5 equipos como máximo identificados polos cores das súas 6 tartarugas. Para as tartarugas utilizamos o deseño turtle by thakis.

    Tamén imprimimos 2 dados de 12 caras. Descargamos o modelo de dodecaedro by 3ugy que ten as caras lisas e modificámolo poñendo nas súas caras os números do 0 ao 10 e un signo de interrogación.
   Cada equipo ou persoa tira os dous dados, resolve a multiplicación e leva a tartaruga a casilla correspondente.

      O obxectivo do xogo e conseguir agrupar as tartarugas resolvendo as multiplicacións.
   Mentras xogamos, se nun dos dados sae o 0, será un turno sen xogar e se sae ? poderás escoller o número polo que multiplicar.

DESCARGAR  TABOLEIRO 1 E 2

AS CÉLULAS

    O alumnado de 6º de Primaria fixo un traballo de investigación sobre as células vexetais e as células animais para ampliar os seus coñecementos sobre este tema.

    Ademais do traballo de investigación fixeron maquetas e unha exposición das súas averiguacións aos alumnos de 5º de Primaria.

    Mirade atentos o seguinte vídeo resumo desta actividade se vos tamén queredes aprender:

 Agora, xa sabedes, estade atentos para ver cómo desenvolven 
os alumnos de 5º o seu reto sobre as plantas!!

jueves, 31 de enero de 2019

DETECTI 5º/6º. Terceiro reto

Os nosos investigadores están  facendo  un  traballo boísimo
e xa temos resposta para o terceiro reto deste concurso!


Pois si! 
Fabricar 1 € custa 4,50 céntimos!!

E agora... Qué tal se vos dará a seguinte investigación?

Esperámosvos  a  próxima  semana!!

miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN

   Hoxe 30 de xaneiro, conmemóranse dúas datas importantes: por unha banda o Día Escolar da Paz porque o día 30 de xaneiro de 1964 morreu Gandhi e a UNESCO decidiu utilizar esta efeméride para reforzar entre o alumnado valores como a tolerancia,  diálogo, o respecto aos dereitos humanos á non violencia e á paz.

   E por outra banda, en Galicia conmemoramos tamén o Día da Ilustración poque un día como hoxe de 1886 naceu Castelao.
   Por iso tivemos no colexio a Estefanía Padullés, autora e ilustradora que combina á perfección estas dúas conmemoracións xa que é ilustradora de libros que potencian valores como os propostos pola UNESCO.

    O seu último libro que hoxe veu a presentar A manchas ou a raias? (Hércules Edicións) conta a historia de confrontación entre os animais a manchas (xirafas, guepardos...) e os animais a raias (tigres, cebras...).

  E conta tamén como a través do diálogo que xorde de maneira inesperada entre Gresa e Leopardo conseguen comprender que o aspecto da súa pel non é importante, facendo fincapé en valores como a toleracia, o diálogo e o respecto a diferenza.
     Mentres escoitamos o conto na voz da súa autora, ela mesma foinos debuxando un mural cos protagonistas da historia que despois os nenos colorearon e agora está no corredor principal do colexio para recordarnos a loita contra o racismo xunto ás reflexións ás que chegaron os alumnos.

    Ademais Estefanía tamén nos ensinou os bocetos e as ilustracións orixinais do conto.

    Para saber moitas máis cousas sobre A manchas ou raias? e sobre Estefanía Padullés podedes escoitar a entrevita que lle fixeron os compañeiros de 4º de Primaira.


MOITAS  GRAZAS  ESTEFANÍA!!

DÍA DA PAZ CON POESÍA

   Os nenos e nenas de Infantil B do noso colexio traballaron para o Día da Paz o poema Sólo tres letras de Gloria Fuertes e pasaron polos estudios de Radiuvín para recitala.


 Se queredes escoitar o poema nas súas voces, dádelle ao play!!



martes, 29 de enero de 2019

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

   Hoxe os nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria recibiron formación para mellorar as súas emisións de Radiuvín.

   Este ano a formación veu da man de Luís Pardo, periodista de Cadena Ser (Santiago de Compostela) e un dos fundadores de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)

   Con el fixemos varias actividades: O que di a nosa voz (entoación, volume, intención...), escribir para ler en alto e trucos de redacción (pautas para redactar guións radiofónicos de lectura máis sinxela) e voz, música, efectos... chsst... silencio! (recursos para mellorar as emisións).

   Unhas sesións moi produtivas nas que recordamos algunhas premisas que coñeciamos e aprendimos moitas novas:
Redactar frases curtas e con sentido para quen o le
Empregar vocabulario coñecido
Utilizar os signos de puntuación para respirar
Aproximar as cantidades que non teñan que ser necesariamente exactas
Non facer enumeracións moi longas: 1, 2, 3, moitos!
Imprimir o guión en letra grande para facilitar a lectura
Imprimir por unha soa cara para non ter que voltear a folla
Non deixar parágrafos cortados no final das páxinas
Marcar os parágrafos xa lidos
Practicar a articulación cun bolígrafo na boca...

   Unha morea de consellos que sen dúbida comezaremos a aplicar na elaboración dos guións radiofónicos e nas nosas gravacións!! 

viernes, 25 de enero de 2019

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Francesca, Valentina e Christian.

   Retomamos a actividade As familias contan despois de nadal con Mónica, a nai de Francesca, Valentina e Christian que nos leu o libro The Snowman, un libro inglés escrito por Raymond Briggss en 1978.
    Este libro que nos conta Mónica en inglés relata a historia de Jessica, unha nena que constrúe un boneco de neve que cobra vida popia, aprende axogar cos xoguetes dela e nun final sorprendenteata son capaces de voar...

   Podedes escoitar a narración en inglés na seguinte emisión de As familias contan en Radiuvín.



  Se vos gustou a historia podedes ver a adapatación ao cine que fixo Dianne Jackson. Unha película muda que estivo nominada para o Óscar ao Mellor Corto de debuxos en 1983.
   
Moitas grazas por compartir con nós un ratiño do teu tempo
e por darnos a coñecer esta historia.