lunes, 9 de diciembre de 2019

CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA

    Durante a primeira semana de decembro conmemorouse a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

   Despois de coñecer que son e en que consisten cada unha delas; comezamos a facer a nosa propia Constitución: a Constitución do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.

   Este ano redactáronse e aprobáronse en sesión plenaria os 8 artículos que conforman o Título Preliminar.

Artículo 1: O colexio de Sober constitúese en institución social e democrática que defende como valores superiores a liberdade, a xustiza, a igualdade, a educación e a solidariedade.
2. A soberanía do cole reside na directora Montse da que saen os poderes dos profes.
3. A forma educativa do cole de Sober é o traballo cooperativo.

Artículo 2: A constitución é para que todos sexamos iguais. É un documento para todos os soberinos e soberinas e recoñece e garante o dereito á educación dos alumnos e alumnas do Concello de Sober e a solidariedade entre todos eles.

Artículo 3: O galego, o castelán e o inglés son as linguas oficiais deste colexio. Todos os alumnos e alumnas teñen dereito a usalas e deber de coñecelas. Temos que coidar e respectar aos demais alumnos e aos materiais do colexio.

Artículo 4: A insignia do colexio de Sober é Lectuvín, un acio de uvas morado que está lendo un libro. Utilízase na biblioteca, na radio e en todas as actividades relacionadas con elas.

Artículo 5: A capital do Concello está na vila de Sober e ten moitas parroquias: Amandi, Anllo, Barantes, Bolmente, Brosmos, Bulso, Canabal, Doade, Figueiroá, Gundvós, Liñarán, Lobios, Millán, Neiras, Pinol, Proendos, Refoxo, Rosende, San Martín de Anllo, Santiorxo e Vilaoscura.

Artículo 6: cada curso ten a súa propia opinión ou pensamento expresando o que pensa cada alumno. Os nenos e nenas de cada curso teñen o dereito a expresar a súa opinión e facer o que queiran sempre co deber de comportarse ben e respectar. Todos somos iguais.

Artículo 7: O profesorado deberá axudar aos alumnos a que cumpran os seus dereitos. Debemos opinar democraticamente nas actividades que vaiamos a facer no colexio.

Artículo 8: Temos dereitos pero tamén temos deberes como respectar e ser educados. Se facemos estes deberes, teremos como recompensa unha actividade. A actividades faranse todos xuntos sen deixar fóra a persoas polo seu xénero ou aparencia. Os castigos non poderán afectar á nosa integridade.

miércoles, 4 de diciembre de 2019

XVI CONCURSO DE CONTOS SOLIDARIOS

Desde o colexio participamos no XVI Concurso Nacional de Contos Solidarios "Un juguete, una ilusión" organizado por RNE e a Fundación Crecer xogando.


    Este ano o tema era "o meu xoguete favorito" e animaba ao alumnado a elaborar un relato, unha canción o un poema para falar do dereito dos nenos a xogar e da importancia do xogo.

    A continuación podedes escoitar os contos elaborados polo noso alumnado:

POLAR (3º Primaria)


LOS  JUGUETES  SOLIDARIOS (4º Primaria)
Música: Porch swing days slower by Kevin Macleod


LA  BARAJA  ESPAÑOLA (5º e 6º Primaria)
Música: Five armies by Kevin Macleod

martes, 3 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

   En 1992 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 3 de decembro como Día Internacional  das Persoas con Discapacidade con fin de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade e concienciar sobre a súa situación.
   Este ano, o día céntrase no empoderamento destas persoas para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sonstenible como pide a Axenda 2030 que se compromete a "non deixar a ninguén atrás".

    Nós quixemos sumarnos a este obxectivo axudando a concienciar ao noso alumnado con dúas actividades. Para comezar, os biblioaxudantes Laura e Xoán leron o libro Por cuatro esquitas de nada de Jérôme Ruillier.
 
  Neste libro, Cuadradito non pode entrar na casa grande porque ten unha porta redonda.
  Despois de moito intentalo e incluso pensar si cortarlle as esquinas a Cuadradito; os Redonditos decicidiron que o problema non era del se non da porta e, por iso, ampliáronna con 4 esquiniñas de nada solucionando así o problema.

   Despois os nenos e nenas realizaron un circuíto no que tiñan que enfrontarse a probas que se relacionaban con diferentes discapacidades: nunha non podían falar, nas seguintes levaban antifaces para non ver, noutras non podían utilizar as mans e na última tiñan dificultade para andar polo que debían usar muletas ou cadeira de rodas. 
 
 
 
  Esperamos que estas actividades fagan que o noso alumnado reflexione e, se queredes, vós tamén podedes escoitar un resumo das actividades de hoxe e escoitar o conto Por cuatro esquinitas de nada na seguinte emisión de Radiuvín:


sábado, 30 de noviembre de 2019

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

   Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca; por iso, o noso alumnado estivo facendo experimentos e outras experiencias para ampliar o seu coñecemento científico.
 
     Xa subimos vídeos dos experimentos de 5º e 6º de primaria e hoxe é a quenda dos nenos e nenas máis pequenos; eles fixeron un volcán de espuma...Estade atentos!!




viernes, 29 de noviembre de 2019

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Leonor

    Hoxe Leonor e a súa mamá Cristina, estrenaron a actividade As familias contan deste curso.
 
   Elas leron o libro  O oso e o piano de David Litchfield; que conta a historia dun oso que atopa no bosque algo que non vira nunca: un piano!
   Que pasaría con oso e o piano? 
    Os nenos e nenas do colexio xa o saben porque estiveron moi atentos. Se vós tamén queredes saber o que pasa nesta historia...podedes escoitar o conto na seguinte emisión de Radiuvín (Música: Breaktime de Kevin MacLeod)


   Despois Cristina aínda contou un conto máis na clase de Leonor: Chibos, chibóns de Olalla Fernández.
 

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  CONTARNOS  ESTES  CONTOS
VOLVEDE  CANDO  QUEIRADES!!!

GALERÍA  DE  IMAXES

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

    Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca; por iso, o noso alumnado estivo facendo experimentos e outras experiencias para ampliar o seu coñecemento científico.
 
     Pouco  a  pouco iremos subindo os vídeos destas actividades para compartir coa comunidade educativa os resultados obtidos.
    Hoxe comezamos cos experimentos de 5º e 6º de primaria...a ver que vos parecen..

lunes, 25 de noviembre de 2019

25 - NOVEMBRO - 2019 DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

   Hoxe 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero. Desde o centro sumámonos tamén ao Obxectivo 5 da Axenda 2030: Igualdade de xénero traballando a prevención deste tipo de violencia e intentando concienciar ao noso alumnado de que homes e mulleres somos iguais e temos os mesmos dereitos e obrigas a través de varias actividades.
  
      A primeira, foi do alumnado de 1º e 2º que traballou o conto Parella guai de Mon Daporta e fixo unha gravación do mesmo para compartir co resto da comunidade educativa.
   A segunda actividade realizada por monitoras de Dinamo, xestión de actividades culturais; foi un circuíto de xogos destinado a todo o alumnado do centro que lles fixo reflexionar sobre a igualdade de xénero.

   Os máis pequenos tiveron que varrer, limpar cristais, dobrar a roupa, envolver calcetíns, cambiar lámpadas...
 
 

  Os xogos do alumnado de Primaria non se centraron tanto nas tarefas da casa; eles fixeron actividades orientadas ao mundo laboral tendo en conta que calquera traballo pode ser desenvolvido por homes ou mulleres.

   Ambas sesións remataron co conto DANIELA PIRATA (Susanna Isern & Gómez), a historia dunha nena que quería ser pirata pero o capitán non a deixaba por ser muller ata que o resto da tripulación protestou e Daniela acabou sendo ela a capitana.
  
  E para que non se olvidaran da lección deste conto, cada un levou unha pulseira pirata!!
 
ESPERAMOS  QUE  ESTAS  ACTIVIDADES  SIRVAN  PARA  PREVIR 
ACTITUDES  SEXISTAS  ENTRE  O  NOSO  ALUMNADO.