viernes, 24 de enero de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS MOI DOCES

   De novo as mochilas viaxeiras chegan das súas casas con sorpresas incluídas.

   Na mochila viaxeira de 1º e 2º de Primaria Ada trouxo...unha tarta!! feita por ela e a súa familia seguindo unha receita do libro O raposo Rufo en receitas cativas de Dani Viéitez e Iria Iglesias.

   Tamén a mochila de 5º e 6º viña cun doce feito pola familia de Laura Gómez e máis ela... un flan!! do libro ¿Qué comemos hoy? de Ángeles Navarro.

MOITAS  GRAZAS  POLOS  VOSOS  DOCES!!

jueves, 9 de enero de 2020

ENTREGA DE PREMIOS XVI CONCURSO CUENTOS SOLIDARIOS UN JUGUETE, UNA ILUSIÓN

    Hoxe Lucas, Lucía, Pilar e Hugo; os nenos e nenas de 4º de Primaria do noso colexio que gañaron o XVI Concurso de Contos Solidarios "Un juguete, una ilusión", desprazáronse a Ourense coa súa titora para recoller os premios correspondentes da man de Rafael Cid, Delegado Territorial de RTVE Galicia, e Marta Pastor, Directora da Fundación Crecer Jugando.
 
 
    Alí fixéronlles unha entrevista  e puideron visitar as instalacións de RNE Ourense.
  
 
 
 
 
   Podedes ver a entrevista na Primeira Edición do Informativo Territorial de TVE 1 no seguinte enlace a partir do minuto 20:20
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20200109inf/5480158/


   A noticia emitiuse tamén noutros programas e a través doutros medios:

- Crónica de Galicia (R1) a patir do minuto 13:20; neste programa a noticia e as entrevistas aos protagonistas intercálanse con fragmentos do conto.
https://mediavod-lvlt.rtve.es/resources/TE_R15TBTT/mp3/6/6/1578575390766.mp3


- RNE Galicia informativos. Informativo Lugo  (Minuto 11:50)
http://www.rtve.es/alacarta/audios/informativo-de-galicia/informativo-lugo-09-01-20/5479864/

- RTVEGalicia en Twitter
https://twitter.com/RTVEGalicia/status/1215333535806033921?s=08

- Un juguete, una ilusión (Facebook)

- Concello de Sober (Facebook)

    Para rematar, deixámosvos o enlace ao conto por si queredes volver a escoitalo.


viernes, 3 de enero de 2020

ENTREGA PREMIOS DO CERTAME DE NADAL

    Cada ano o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. 

    Por iso, as nosas postais poden verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM, unhas postais que este ano, estaban feitas con material 3D.

  A entrega de premios deste Nadal comezou coa actuación do grupo local O Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis.
 
   Despois o alcalde fixo a entrega de premios na que o colexio recibiu un premio á participación, consistente nun diploma e varios libros para a nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que estaban presentes neste acto.
 

   Tamén obtiveron premios individuais varios alumnos tanto en postais como en poesía. No seguinte documento podedes ver a lista de premiados.
   Podedes ampliar a información sobre esta noticia na publicación do Diario de Lemos seguindo o enlace.
 https://www.diariodelemos.es/el-ayuntamiento-de-sober-hace-entrega-de-los-premios-de-los-concursos-de-nadal?fbclid=IwAR2XDlovj6mOLyY6INoPmLZYzPYA-PFrZRL7fd5uzBAxPc-TznZEx11jKG8

sábado, 21 de diciembre de 2019

FELICITACIÓN DE NADAL

   Cos nosos mellores desexos para estas festas e para o próximo ano, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos unha felicitación coa panxoliña O meu Nadal perfecto de Iván Vale.

   Nesta panxoliña continuamos co traballo en prol dunha biblioteca e dunha sociedade inclusiva; por iso, ademais de engadir a letra, tentamos reproducir a mensaxe da panxoliña en lingua de signos.


BO  NADAL!!
FELICES  FESTAS!!

viernes, 20 de diciembre de 2019

OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN: Tento e mailo Nadal

    Hoxe é o último día de clases desta avaliación e tamén é o día que da paso as vacacións de Nadal; por iso, os biblioaxudantes Adrián e Senén prepararon a lectura do libro Tento e mailo Nadal de Ricardo Alcántara (Ed. Tambre)

   Neste conto, Tento olvídase de pedirlle a Papá Noel o seu agasallo de Nadal máis desexado....que pasará?




  Para saber o final deste conto non tedes máis que escoitar a seguinte emisión de Lecturradio nas voces dos nosos biblioaxudantes.


BO  NADAL!!