viernes, 11 de febrero de 2022

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA: PATRICIA DOMÍNGUEZ

   O  11 de febreiro conmemórase o  Día Internacional das nenas e das mulleres na ciencia  que ten como finalidade visibilizar o labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar vocacións científicas entre as nenas para axudar a pechar a brecha de xénero na ciencia.

 
   Para reforzar estas ideas, na biblioteca levamos varios cursos convidando a mulleres ex-alumnas do colexio de Sober relacionadas con diferentes ramas da ciencia que lle contan ao noso alumnado como é o seu traballo. Este acompañounos  Patricia Domínguez Corbacho  que é enxeñeira técnica industrial e que traballa nunha central hidroeléctrica.

   Ela ensinounos o proceso de produción de electricidade a través da auga e así puidemos coñecer como funciona unha central de este tipo: as súas partes, as posibles incidencias ou avarías e todas cantas dúbidas tiveron os nosos alumnos e alumnas.


   Despois o alumnado distribuído en grupos enfrontouse ao reto de crear a súa propia turbina de auga reproducindo a proposta didáctica de Endesa Educa e a verdade é que como podedes ver no vídeo, fixéronno moi ben!!

 

 

      Para rematar Patricia tamén pasou polos estudos de radio onde respondeu ás preguntas de Lucía e de Pilar e nos deixou unhas agarimosas verbas. Poderedes saber moitas cousas sobre o tema de hoxe escoitando a súa entrevista.



  MOITAS  GRAZAS  POLA  TÚA  VISITA!! 

GALERÍA  DE  IMAXES 

 

miércoles, 9 de febrero de 2022

CIENCIA EN MOVEMENTO

   A través da modalidade CPinclúe (5.2 IGUALA-T) dos Contratos programa achegáronse á nosa biblioteca os científicos de Ciencia en Movemento para realizar o obradoiro MULLERES  INVENTORAS no que falamos de ciencia, inventos e mulleres baixo o lema "prohibido non tocar".

     Con eles coñecemos algúns inventos creados por mulleres pioneiras que conseguiron superar dificultades e facer contribucións moi importantes ao mundo da ciencia, da física, da química, da tecnoloxía... de xeito que a nosa vida diaria non sería a mesma sen elas.


      Por exemplo, sen  Katharine Blodgett  que inventou os  cristais anti reflectantes  e foi a primeira muller en doctorarse en Física na Universidade de Cambridge non poderiamos usar gafas, nin cámaras de fotos, nin telescopios...


 

   Cos seus coñecementos de mecánica e enxeñeiría,  Josephine Cochrane  fixo realidade unha idea que xa estaba patentada por Joel Houghton: o  lavalouzas. Desde 1983 multitude de fogares e de restaurantes teñen este electrodoméstico nas súas casas.

  Nós aproveitamos para coñecer as propiedades do xabón e ver como a suciedade escapa del!

 


    Un obxecto que tamén se utiliza bastante é o "Mistake Out" ou  típex  inventado por  Bette Nesmith Graham, unha mecanógrafa que creou en  1956  unha mestura de auga e pintura branca para corrixir pequenos erros en papel de forma rápida e eficaz. Despois de que a marca IBM rexeitara comercializalo, decidiu vendelo desde a súa propia casa co nome Liquid Paper.

    Grazas a  Melitta Benz  podemos tomar un café sen impurezas xa que esta ama de casa alemana ideou o  filtro de café  para poder tomar unha taciña del sen posos nin outros restos. Ademais fíxoo a partir dunha folla de papel secante dun caderno de exercicios do seu fillo!

  Neste obradoiro utilizamos o filtros de café para experimentar coa cromatografía e ver como dunha pinga de tinta, aparece unha flor.


      Ángela Ruiz Robles  é unha española que foi a  precursora do libro electrónico  xa que inventou unha enciclopedia mecánica coa finalidade de transmitir coñecementos de forma interactiva con bucinas, luces, pulsadores e complementos móbiles para facer máis a aprendizaxe máis participativa e atractiva.

     Amanda Jones  estaba preocupada pola conservación da comida. Despois de facer varias probas, no s. XIX, conseguiu eliminar o aire dunha lata de conservar inventando así o  envasado ao vacío  sen cociñado previo dos alimentos que patentou co nome "O proceso Jones". Ademais fundou unha empresa de envasado e conservas onde todas as directivas, oficiais e empregadas eran mulleres agás un home que era o encargado de acender a caldeira.

    No obradoiro "envasamos ao vacío" unha chuche que quedou esmirradiña de todo.


    Unha muller que inventou algo imprescindible para o mundo automobilístico foi  Mary Anderson  xa que o  limpiaparabrisas  é obra súa e desde 1916 todos os coches incorporan esa especie de brazo mecánico que limpa as gotas da choiva.

    Imaxinádesvos un coche sen limpaparabrisas? Sería imposible conducir baixo a choiva...

 
   Con todos estes experimentos e algúns máis o alumnado puido entender conceptos como a presión atmosférica, comprobar como un billete poder arder sen queimarse e observar como os raios dunha lámpada de plasma seguen os seus movementos.
 
 
 
 






lunes, 7 de febrero de 2022

CIENCIAS NATURAIS CON REALIDADE AUMENTADA

     Este ano na biblioteca estamos comenzando a traballar coa realidade aumentada para enriquecer o proceso de ensinanza aprendizaxe.

   Así o alumnado de 5º de Primaria pudio ver a maxia destas fichas descargadas de QuiverVision.com coas que repasaron as células animais e vexetais.



 


viernes, 4 de febrero de 2022

XORNADA BIBLIOTECA CREATIVA 2021 - 2022

   Esta venres tivo lugar a Xornada de Biblioteca Creativa 2021-22, unha xornada  foi inaugurada por Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e O. U. e nas que participamos todos os centros que formamos parte do proxecto Biblioteca Creativa.

 

     Nesta xornada aprendemos moito sobre xogos e aprendizaxe basado en xogos, explotamos a nosa creatividade con talleres específicos e ademais a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou co noso centro para expor o noso traballo na parte referida a "Dinamización do espazo creativo" onde participamos coa presentación do mesmo nome que podedes consultar a continuación:

  

  Queremos darlle as grazas á Asesoría de Bibliotecas por ternos escollido entre todos os centros que participan, pois esta elección é un orgullo para nós xa que recoñece o traballo que realizamos no eido das alfabetizacións múltiples, da robótica e dos laboratorios creativos de aprendizaxe.

   Para min, como mestra encargada do proxecto, é unha honra representar ao colexio e compartir o noso traballo ante mestres de toda Galicia. Pero tamén quero darlle as grazas a todas as persoas da Comunidade Educativa e fóra dela que colaboran con nós en todos os nosos proxectos.

jueves, 3 de febrero de 2022

COMPRENDO O QUE LEO, APRENDER A ESTUDIAR

    Hoxe tivemos unha nova sesión destes obradoiros organizados pola ANPA do colexio. 

   O alumnado de 1º e 2º traballou exercicios de comprensión lectora mentres que os de 3º, 4º, 5º e 6º reflexionaron sobre a importancia de aspectos que infúen no estudo: autonomía, relación c@s compañeir@s e cos mestres, interese por aprender ou estudar...