miércoles, 13 de diciembre de 2023

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Manuel Vázquez

   Dentro da actividade As familias contan hoxe recibimos a Noelia Vázquez, nai do noso compañeiro Manuel Vázquez

    Eles viñeron a compartir co resto do colexio o libro ¿Por qué estás triste, Casilda? escrito por María de Mondo.


   Durante esta lectura coñecemos a Casilda, unha nena que unha tarde chegou un pouco triste do colexio porque á súa amiga Claudia non lle gustaran as súas zapatillas de luces.

    Pero pouco lle durou ese sentimento porque despois dunha charla cos seus pais entendeu que cada persoa ten os seus propios gustos e iso é o que fai que cada un de nós sexamos únicos e especiais.


    Aínda así a Casilda quedoulle unha dúbida: que pasa se nos importa a opinión dos demais? debe importarnos a opinión das persoas ás que queremos? 


    Pois como ben lle dixo a súa nai: "No podemos gustar a todo el mundo. Lo principal es que te gustes a ti misma".


    Despois a súa nai propúxolle tres preguntas:

  " ¿Qué tres cosas bonitas dirías sobre ti?

    ¿Qué te gusta hacer y te pone contenta?

    ¿ Qué se te da bien?"

   Contestando a estas preguntas, Casilda deuse de conta de que tiña moitísimas cousas boas, de que era única e especial; e de que ese era o seu súperpoder.

    Atréveste ti a contestar ás mesmas preguntas que lle fixo a Casilda a súa nai para atopar o teu superpoder?


    Antes de marchar, Noelia e Manuel, tamén pasaron polos estudos de Radiuvín para deixar gravado este conto tan chulo e que todos o poidades escoitar tantas veces como queirades.

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  COMPARTIR  CON   NÓS   UN  RATIÑO  E  ACHEGARNOS  REFLEXIÓNS  TAN  IMPORTANTES  COMO  AS  QUE  SE  RECOLLEN  NO  LIBRO:

- O QUE TES NON TE DEFINE.  O IMPORTANTE É COMO ES.

- NON PODES GUSTAR A TODO O MUNDO.  O IMPORTANTE É QUE TE GUSTES A TI MESMO.

- É IMPORTANTE QUE  COÑEZAS AS  TÚAS  VIRTUDES  PARA QUE TE GUSTES. 

GALERÍA  DE  IMAXES

martes, 5 de diciembre de 2023

A ÁRBORE DOS DESEXOS DE NADAL

     Cada ano facemos adornos novos para a nosa árbore de Nadal que signifiquen algo para o noso alumnado e que teñan sentido para eles.

       Este ano quixemos traballar cos desexos de Nadal dos nenos e as nenas facendo unha reflexión sobre o consumismo destas datas e a importancia real dos agasallos. Despois cada un de nós escribiu o seu desexo de Nadal nunha etiqueta que colgamos da ÁRBORE  DOS  DESEXOS.

 

MIRADE  QUE  BONITIÑA  QUEDOU!

OXALÁ  SE  CUMPRAN  TODOS  OS  DESEXOS!!



lunes, 4 de diciembre de 2023

ADIVIÑAS DE OUTONO

 

     Unha parte importante da nosa identidade e da nosa cultura está formada pola tradición e a sabedoría popular.

    Este ano quixemos seguir recollendo parte desa tradición popular e por iso trocamos os refráns do ano pasado por adiviñas. 

    No seguinte videos compartimos as adiviñas que o noso alumnado e as súas familias nos fixeron chegar coa súa correspondente solución. 

   Preparados para poñer as neuronas a funcionar??

MOITAS  GRAZAS  ÁS  FAMILIAS  POR  PARTICIPAR

NA  TRANSMISIÓN  DESTAS  ADIVIÑAS!!

 

MASA NAI

   Nesta avaliación desenvolvemos no centro o proxecto MASA NAI coa intervención da cooperativa Outonía, para promover a coeducación. Este proxecto foi organizado pola ANPA a través das axudas da Secretaría Xeral de Igualdade.

   A actividade recibe o seu nome da comparación do proceso de educación co proceso de fermentación desta masa e desenvolveuse en torno a catro liñas de actuación que simbolizan os ingredientes que se necesitan para elaborar masa nai:

  - A AUGA serían os obradoiros realizados co alumnado de Infantil e Primaria en torno á ruptura de estereotipos  de xénero e á sensibiblización e educación en favor da igualdade favorecendo o bo trato entre as crianzas, fomentando o pensamento crítico e previndo condutas machistas.


  - A FARIÑA é a liña que ten como eixe o patio entendido como lugar de aprendizaxe e socialización promovendo un uso non sexista do mesmo e incentivando o xogo cooperativo. Para iso recolléronse as ideas de alumnxs e mestrxs e deseñouse unha proposta de intervención no espazo físico que se levou a cabo de maneira colaborativa.

 
 
  - A SAL corresponde á formación das familias para promover un espazo de diálogo e intercambio entre as familias, dar a coñecer diferentes alternativas coeducativas e sensibilizar en torno á importancia da educación en igualdade de xénero.
 
 
 
- O ACEITE implicou a interacción entre o alumnado e a comunidade establecendo vínculos coa contorna.  Para o desenvolvemento desta liña contamos coa colaboración da BPM de Sober e da asociación O colado do vento da man de Paula Verao que estivo no centro falándolle ao alumnado de xogos doutras épocas e nos puxo a todos a xogar ao Pasemisí e á corda.
 


    Ademais Paula deixounos como agasallo o libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego.
 

Esperamos que os nenos e as nenas do cole aprenderan moito deste proxecto e que a partir de agora o pasen xenial cos distintos xogos que se fixeron no patio.




 
Para rematar, desde o centro queremos dar as grazas á ANPA por esta iniciativa e a todxs xs que colaboraron para que se puidera facer realidade. 
 
 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

     O 3 de decembro conmemórase o  Día Internacional  das Persoas con Discapacidade   desde que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 aprobou este día para concienciar sobre a situación destas persoas e para promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade.

 

   Esta obxectivo recóllese tamén nos obxectivos da Axenda 2030  Obxectivo 10: Redución das desigualdades.

  

 

    No centro quixemos conmemorar este día lendo o libro  A Marela ou amarela?  escrito por Manu Sobral e ilustrado por Manu Martínez.


    Os biblioaxudantes contáronnos esta historia na que a protagonista ten daltonismo, un problema de visión que fai que confunda algunhas cores.

    Despois reflexionamos sobre as consecuencias que este problema de visión pode ter para a vida diaria e puxemos en común outros problemas de visión que poden limitar a nosa vida: poden conducir os daltónicos? como combinan a súa roupa? e como farán para colorear un debuxo?


   A continuación deixámosvos unhas probas para que comprobedes se vedes ben os números e as formas agochadas; para facelas, teredes que seguir o enlace.

https://www.es.colorlitelens.com/images/tesztek/kids-test/colorblind-test-for-kids.html

https://www.es.colorlitelens.com/Ishihara-test-de-daltonismo

    Se vedes distinguístedes todo perfectamente, tedes unha visión estupenda; se non... teredes que ir ao oculista pero non vos preocupedes porque como di o conto...