martes, 17 de junio de 2025

CLUB DE LECTURA (16 - 2024 / 2025): EXCURSIÓN AO PARQUE

    Como última lectura deste ano escollemos o libro Voces en el parque de Anthony Browne e fixemos como actividade final (como non podía ser doutra forma) unha excursión ao parque do noso concello.


    Alí por parellas fomos lendo este libro que se divide en catro partes correspondentes a catro voces de catro persoas que van a pasar un ratiño ao parque e despois contan a súa versión.


    A primera voz é a da nai de Carlos, que vai ao parque co seu fillo e con Victoria, a súa cadela labradora. Ela é unha señora de clase alta á que non lle gusta nada visitar o parque porque ten medo de que o seu fillo xogue cunha "mala compañía".

        Despois escoitamos a voz do pai de Mancha que vai ao parque con ela e co seu can. El é un home humilde e pobre que busca no xornal un traballo co que manter á súa familia á vez que desfruta deste ratiño no parque coa súa filla.

 
    En terceiro lugar escoitamos a voz do pequeno Carlos, un rapaz superprotexido pola súa familia que nos conta que coñece a unha rapaza chamada Mancha e o ben que o estaba pando con ela ata que a súa nai lle manda volver a casa.

   Remata o libro coa voz de Mancha, unha nena alegre e divertida aínda que a situación da súa familia non é doada co seu pai sen traballo. De volta a casa, ela cóntalle ao seu pai o ben que o pasou e como xogou con Carlos; tamén que el lle regalou unha flor antes de marchar. 

    Unha lectura moi interesante a través da que puidemos ver como algo tan sinxelo e común como un paseo polo parque pode percibirse de forma tan diferente dependendo de quen conte a súa vivencia.


      Despois tivemos tempo para comer todos xuntos e para pasar un tempo divertido xogando no parque.



   Pero que pasaría se puidésemos saber como percibiu cada persoa do grupo esta excursión? Serían as nosas versións tan diferentes como as dos protagonistas do libro? Para sabelo propuxémoslles que cada un fixera unha descripción dela e aquí tedes os resultados...

 

 Nós podemos dicir que esta foi unha experiencia moi didáctica coa que entender que todo depende de como se mire, que non podemos guiarnos polas apariencias, que os que menos teñen poden tamén ser felices e que ter máis cartos non implica ter unha vida mellor. 

 ATA  O  ANO  PRÓXIMO  CURSO  E  NON  OLVIDEDES  SEGUIR....

 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ada e Teo

    Remata hoxe a actividade As familias contan deste ano coa familia de Ada, Teo e a súa nai, Antía. Aínda que esta é unha visita diferente porque Antía é a profe de infantil do noso centro e vela como nai contando un conto resulta curioso para o noso alumnado; e tamén porque é a última participación de Ada nesta actividade como alumna xa que o próximo ano estará ao instituto.

     Eles viñeron a compartir con nós o libro Tú y yo, hermanos escrito por Elisenda Roca.


     Con esta lectura descubrimos o que a maioría xa sabiamos: ter un irmán ou unha irmá é marabilloso menos cando nos pelexamos!!

     Escoitar as pelexas dos dous protagonistas porque un destrúe o que construíra a outra, porque unha coloca e o outro descoloca, porque o pequeno entra na habitación da maior, porque o máis cativo morde, porque se botan a culpa un ao outro, buff... fixo que moitos dos nenos e das nenas se viran reflectidos.


    Pero o bo é que tamén hai moitas cousas que compartir: ir á praia, tirarse de bomba na piscina, acompañarse pola noite se algún ten un pesadelo, xogar coas mascotas...

   Así que ao final podemos dicir que ter irmáns é estupendo; pero eso si adultos,  NON  LLE  GUSTA  NADA  QUE  OS  COMPAREN  así  que xa sabedes o que non debedes facer!

    Se queredes saber máis sobre as aventuras destes dous irmáns podedes escoitar todo o conto no seguinte podcast que gravaron en Radiuvín 

  

 MOITAS  GRAZAS  AOS  TRES  POR  COMPARTIR  CON  NÓS  ESTE  CONTO  QUE  NOS  LEMBRA  QUE  TER  UN  IRMÁN  OU  UNHA  IRMÁ  ÁS VECES  PODE  SER  UN  FASTIDIO  PERO  TAMÉN  É  MOI  DIVERTIDO!!

GALERÍA   DE  IMAXES

 

lunes, 9 de junio de 2025

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Lucía

     Hoxe tivemos en As familias contan, unha familia que participa por primeira vez: a familia de Lucía. Ela e a súa nai Sandra, escolleron para esta ocasión o libro A mellor sopa do mundo escrito por Susanna Isern, xa que a Lucía lle facía ilusión ler o libro que lle regalou a súa avoa Paulova.

 
 

    A protagonista é unha tartaruga que estaba na súa pequena cabana preparando unha sopa nunha fría noite de inverno mentres fóra, no bosque, caía unha gran tormenta de neve.

 

    Pouco a pouco, algúns animais do bosque comezaron a chegar á súa casa pedindo refuxio ante o mal tempo e levando de paso algún ingrediente que engadirlle á sopa: o coello levou cenorias; o cervo, froitos vermellos; o raposo, cebolas; o oso, mel...

 

    Todos xuntos pasárono moi ben mentres cociñabana, bailaban, charlaban e preparaban a mesa e, cando chegou a hora de cear e probar a sopa, descubriron que era  A  MELLOR  SOPA  DO  MUNDO!!

 

    Sorprendidos polo rica que estaba, pensaron que tartaruga lle engadira algún ingrediente especial que eles non coñecían.

 

     Cando lle preguntaron cal era ese ingrediente, tartaruga desveloulles que o seu segredo eran eles e que para facer a mellor sopa do mundo o único que se necesita son amigos, xa que con boa compañía todo sabe mellor.

  

   Se vós queredes escoitar este conto tan bonito e descubrir todos os ingredientes desta sopa e o seu modo de preparación, podedes facelo no seguinte podcast

         . 

 MOITAS  GRAZAS  ÁS  DÚAS  POR  COMPARTIR  CON  NÓS  ESTE  CONTO  QUE  NOS  LEMBRA  A  IMPORTANCIA  DA  AMIZADE!!

 
 

SEMANA DA EDUCACIÓN VIAL

    Durante esta semana a mestra de Educación Física desenvolveu un Proxecto de Educación Vial con todo o alumnado do colexio; para isto fixo un gran circuíto vial no pavillón do colexio que os nenos e as nenas percorreron cos triciclos, bicicletas ou patinetes que trouxeron das súas casas.


 
   Desde a biblioteca colaboramos con este proxecto facendo agasallos coa impresora 3D para o alumnado participante. Unha medalla de elaboración propia con Doodle 3D e unha bicicleta descargada de thingiverse (Bicicleta miniatura Keila_Ortega).
 


 
 

viernes, 6 de junio de 2025

CONCERTO DIDÁCTICO: O SAXOFÓN

      Hoxe tivemos na biblioteca un concerto didáctico para seguir afondando no coñecemento dos instrumentos de vento.

      Se en novembro era a quenda dos instrumentos de vento metal achegándonos a eles coa trompeta; agora cambiamos aos instrumentos de vento madeira con este concerto didáctico dedicado ao saxofón.


    Para isto acompañáronos Pablo Fernández (estudante de Grao Profesional), Emilio Vázquez, Lucas Guzmán e Juan Pablo Gil (mestres de saxofón). Dos catro, Juan Pablo é o máis coñecido polo noso alumnado xa que é mestre na Escola de Música de Sober e Director da Banda Infantil e Xuvenil.
 

   Neste concerto puidemos escoitar obras clásicas como o "Himno da alegría" pero tamén outras moi diferentes como "Tico, tico", un tango, bandas sonoras de películas...


   Ademais de tocar explicáronos os diferentes tipos de saxofóns que hai e puidemos escoitalos en directo: o saxofón soprano que é o máis agudo e diferente na forma xa que é recto, o saxofón alto que é o que soemos ver con máis frecuencia en bandas ou orquestras, o saxo tenor que é máis grave e máis grande que o alto e o saxofón barítono que é o máis grande e grave de todos eles.
 
 


    Foi un concerto moi participativo no que ademais de escoitar puidemos participar tocando palmas e respondendo ás súas preguntas sobre as obras que estabamos que estaban tocando.

   Rematamos este concerto cunha obra moi coñecida para os nenos e as nenas, o tema de Super Mario Bros, e entregándolles un agasallo como lembranza do seu paso polo colexio.


  Pero antes de marchar, tiveron un ratiño para pasar polos estudos de Radiuvín e compartir a súa experiencia como saxofonistas con nós. 

 

 MOITAS  GRAZAS  AOS  CATRO  POR  ESTE  CONCERTO  DIDÁCTICO,

ESTADES  CONVIDADOS  A  VOLVER  CANDO  QUEIRADES!!


jueves, 5 de junio de 2025

CLUB DE LECTURA (15 - 2024/2025)

  Xa estamos a tope cos ensaios de Os contos de Lobicán de Eva Mejuto, deixámosvos unhas fotos deles para ir abrindo boca...





lunes, 2 de junio de 2025

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ana

   A actividade As familias contan tivo hoxe unha nova sesión na biblioteca coa familia de Ana que quixo vir coa súa nai (Mary), o seu pai (Delfín) o seu irmán (Dani) a compartir connosco a lectura do libro Escuela de monstruos. La mascota más grandota de Sally Rippin.

   Antes de nada, Ana fixo uns debuxos para presentarnos ás protagonistas desta hitoria, María e a súa mascota que van xuntas a todas partes.

   O luns María vai ao colexio moi contenta porque é día de mascotas e pode levar á súa á escola.


   Pero no colexio houbo un problema: María non lle dera o almorzo e a mascota tiña moita, moita, moita fame!


  Así que comezou a comer todo o que atopaba: un lapis, unha libreta... ata unha alfombra que lle pareceu un gran tallarín! 


     Menos mal que ao seu amigo Jaime se lle ocorreu unha idea: cavar un gran foso e cando caera, tapala! Así xa non se escaparía.


   Despois de atrapala, decidiron que non poderá volver á escola pero coidado! Que ao mellor volve outro día no sombreiro de Maria.

   Se vós queredes saber máis sobre esta historia e averiguar todo o que pasou no colexio con María e a súa gran mascota, podedes facelo escoitando o seguinte podcast.

 

 MOITAS  GRAZAS  AOS  CATRO  POR LERNOS  ESTE  CONTO  TAN  DIVERTIDO!!