viernes, 20 de junio de 2025

DESPEDIDA BIBLIOAXUDANTES

    Pechamos as actividades da biblioteca deste ano  DÁNDOLLE  AS  GRAZAS  AOS  BIBLIOAXUDANTES!!

     Eles/elas forman parte do programa  Voluntariado de Lectura - A  integrado dentro de Bibliotecas Escolares Solidarias e durante o curso dedican varios recreos a tarefas relacionadas coa biblioteca: préstamo, devolucións, organización, axuda aos compañeiros, lecturas...






   Por todas estas horas dedicadas á biblioteca, fixémoslle entrega dos diplomas correspondentes, das mochilas enviadas desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares e dun pequeno agasallo de Lectuvín. 


 MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  DEDICACIÓN!!


 

AGASALLOS DO ALUMNADO DE 5º PARA 6º DE PRIMARIA

  Moito nos gusta que o noso alumnado ande a argallar na biblioteca e neste caso aínda máis porque os nenos e nenas de 5º de Primaria querían facerlle un agasallo personalizado aos seus compañeiros de 6º que marchan hoxe do instituto.

  Para este agasallo personalizado, primeiro fixeron dous deseños en Canva. O primeiro co texto de recordo e a imaxe de Lectuvín que gravarían na parte de diante do chaveiro e o segundo o nome de cada compañeir@ ao que llo querían  regalar.

   Despois exportaron o deseño con fondo transparente, axustárono ás pezas de madeira na cortadora láser e listo para comezar o proceso.


 Mirade que chulos lles quedaron!!
 
 
 

E  mirade a ilusión que lles fixo aos seus compañeirxs!!




SEGURO  QUE  AÍNDA  QUE  AGORA  VOS  SEPAREDES,
SEGUIREDES  SENDO  AMIGOS  PARA  SEMPRE!! 
 

CARTAS FIN DE CURSO SEARA - MOAÑA

     Xa están aquí as cartas de Fin de Curso do CEIP Seara - Moaña e coma sempre ao noso alumnado faille moita ilusión recibilas; sobre todo estas, que veñen cargadiñas de bos desexos para o verán.








   Ademais as cartas viñan acompañadas dunhas fermosas acuarelas que representan fermosos lugares do seu concello e que agora están expostas na nosa biblioteca.


   Tamén nós lle enviamos unhas postais desexándolles unhas felices vacacións; esperamos que as reciban con tanta emoción como nós recibimos as súas!!


 BO  VERÁN!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

jueves, 19 de junio de 2025

PROXECTO DE INCLUSIÓN EDUCATIVA

     A iniciativa de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) constitúe un instrumento de apoio aos centros educativos para que dentro da súa autonomía desenvolvan proxectos educativos que os convertan en centros de referencia no ámbito da igualdade, da convivencia, da inclusión e do benestar emocional.

      Dentro deste proxecto desenvolvemos ao longo de todo o curso o Proxecto SATTVA. Xestión emocional e convivencia nas aulas que tiña como finalidade dar resposta ás necesidades do alumnado ofrecendo unha base de aprendizaxe social e emocional que favorecera o seu desenvolvemento persoal. 


    Paula Santos foi a encargada de desenvolver o proxecto intentando que o alumnado adquirira capadidade para percibir e identificar as emocións e experimentar con elas conseguindo un maior coñecemento sobre elas.


  O proxecto rematou coa visita de Vermú, o canciño de Paula, co que o alumnado realizou unha actividade final para fomentar o benestar emocional e a conexión co entorno.





  Un proxecto moi interesante xa que recoñecer as propias emocións axúdanos a controlar a súa influencia na nosa vida. Se podemos controlalas e controlar a nosa forma de expresarnos, poderemos manter relacións satisfatorias co noso entorno e resolver de maneira adecuada situacións que poidan xurdir no día a día.


 

CLUB DE LECTURA (17 - 2024/2025)

   A última actividade do club de lectura no colexio foi a representación que prepararon do libro Os contos de Lobicán de Eva Mejuto.

  Como xa viñamos anunciando, o alumnado do club de lectura preparou os decorados, os títeres dos protagonistas e todos os complementos necesarios.


  E con todo listo e a lectura preparada comezou a representación na biblioteca co resto do alumnado do centro como público invitado.




      Resultou unha representación moi divertida na que coñeceron a Lobicán, a mamá Lobicana, a Xiana e a Tía Silvana. Uns protagonistas moi peculiares que  rematan sendo amigos e  xogando á "brisca"

    E a verdade é que os membros do club de lectura fixérono moi ben e esforzáronse moito para que lles saíra tan ben como lles saíu. Nas seguintes imaxes podedes velos todos concentrados durante a representación:




 MOITAS  GRAZAS  POLO  VOSO  ESFORZO,

SODES  UN  GRAN  EQUIPO  E  UNS  GRANDES  ARTISTAS!!