martes, 10 de marzo de 2015

MARÍA CASTAÑA NA NOSA BIBLIOTECA

    Para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; unímonos as actividades propostas polo Colectivo Lemos Le do que a nosa biblioteca forma parte.

   Este colectivo organiza por segundo ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos e está dedicado a María Castaña como líder da revolta medieval que se produciu en Cereixa (A Pobra de Brollón) para protestar polos impostos que demandaba a Igrexa aos campesiños.

    Desde a nosa biblioteca participamos no obradoiro “María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo” na que nos achegamos á vida e á historia desta muller a través do power point que nos envía o CIM (Centro de Información á Muller de Monforte) e que podes ver facendo click na seguinte imaxe.
https://drive.google.com/file/d/0B1dZpvoiedBadzh1XzQwaU5PYnM/view

    Hoxe, fixemos o traballo de reflexión sobre a vida das mulleres no século XIV: os roles que tiñan e a falta de dereitos que padecían simplemente por ser mulleres.

   Despois fixemos uns debuxos sobre a nosa protagonista. 



viernes, 6 de marzo de 2015

CERTAME DEBUXO INFANTIL: XXXV FEIRA DO VIÑO

COMPARTIMOS  A  NOTICIA  DO  CONCELLO  DE  SOBER:    

     A soberina Lisbeth Sánchez Díaz é a gañadora do I Certame de Debuxo Infantil da XXXV Feira do Viño de Amandi cun traballo sobre "O cultivo da vide na Ribeira Sacra"

    O Concello de Sober empregará a imaxe para imprimir 10.000 adhesivos que entregará a fin de semana da Feira.

     A gañadora ten 11 anos, é de Soutonovo, Anllo Santo Estevo, e estuda no CEIP Virxe do Carme de Sober.


PARABÉNS  PARA  A  NOSA  ALUMNA!!
El Progreso, 7-03-2015
La Voz de Galicia, 7-03-2015

II CERTAME MULLERES DE LEMOS: MARÍA CASTAÑA

Para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza por segundo ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
 
O Certame deste ano estará dedicado a María Castaña como líder da revolta medieval que se produciu en Cereixa (A Pobra de Brollón) para protestar polos impostos que demandaba a Igrexa aos campesiños.
As actividades que levaremos a cabo serán as seguintes:
-      O obradoiro “María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a vida das mulleres no século XIV: os roles que tiñan e a falta de dereitos que padecían simplemente por ser mulleres e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da vida de María Castaña.
-      II Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para a poboación de Secundaria e Bacharelato (de 12 a 18 anos) na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo en branco e negro que plasme a historia de María Castaña (extensión de 2 a 4 páxinas).
       -      II Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).

ENTENDES O QUE LES?

Temos novos textos para que poidas comprobar o teu nivel de comprensión lectora.

Esta vez quenda da poesía

Fai click no enlace correspondente:

lunes, 2 de marzo de 2015

EXPOSICIÓN BANDA DESEÑADA: INÉS DE CASTRO

    Chegou ao noso centro para quedarse uns días; a exposición dos traballos de Banda Deseñada presentados o ano pasado ao Certame Mulleres de Lemos: Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo.
    
    Recordámosvos que estes traballo están feitos por alumnos e alumnas de ESO que como nós, traballaron a figura desta muller o ano pasado para conmemorar o Día da Muller.

    Esperamos que vos gusten os seus traballos!!


viernes, 27 de febrero de 2015

CERTAME DE DEBUXO: XXXV FEIRA DO VIÑO

     Xa están presentados na Biblioteca Municipal de Sober os debuxos que os alumnos e alumnas fixeron para participar no Certame de Debuxo da XXXV Feira do Viño de Sober.
 
    Facendo click no seguinte libro dixital podedes ver o nome do alumnado participante e comprobar o fermosos que son os seus debuxos.
MOITA  SORTE  PARA  TODOS!!

XXXV FEIRA DO VIÑO