jueves, 17 de diciembre de 2015

CERTAME POSTAIS DE NADAL

    Como cada ano, participamos no certame de postais da Biblioteca Pública Municipal do noso Concello.

   Unha das condicións é utilizar material de refugallo na súa elaboración para seguir coa temática de respecto á natureza.
     
    Os alumnos e alumnas de infantil empregaron piñas e botes de natillas para elaborar estas fermosas árbores de Nadal, cheas de bos desexos:

   O alumnado de Primaria, empregou tubos de papel para as portadas das súas postais; convertíndoos en renos, un coro de nenos ou Papá Noel:



   Agora, as postais adornan a entrada ao noso centro:

lunes, 30 de noviembre de 2015

ADEUS A XOSÉ NEIRA VILAS


    Este é o comezo do libro máis lido e traducido da lingua galega: Memorias dun neno labrego. Esta novela, que se publicou no ano 1961 e é clave na narrativa galega do século XX, chegou á edición número 35 e leva vendidos máis de 600.000 exemplares. 

    O seu autor Xosé Neira Vilas, faleceu o día 27 de novembro na súa casa de Vila de Cruces. 

    Consulta máis datos sobre autor nos seguintes enlaces:

- BIOGRAFÍA
- BIBLIOGRAFÍA
- PREMIOS  E  RECOÑECEMENTOS 
- MEMORIAS  DUN  NENO  LABREGO (Libro en liña)
- FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS

    Vídeos interesantes:

- XOSÉ NEIRA VILAS fala sobre a súa inspiración para escribir Memorias dun neno labrego:

- Conferencia do autor nos Encontros do Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares de Galicia no ano 2011.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=242




viernes, 27 de noviembre de 2015

CIENCIA NA BIBLIOTECA: MESTURAS

       O alumnado de 5º e 6º experimentou sobre as mesturas homoxéneas e heteroxéneas con diferentes materiais. Esta actividade fíxose seguindo todos os pasos de maneira científica: formulación de hipótese, experimentación e recollida de información achegándose así ao método científico.



PRENSA: FINALISTAS NO CONCURSO DE CONTOS SOLIDARIOS





martes, 24 de noviembre de 2015

XII CONCURSO DE CONTOS SOLIDARIOS

    Despois dun gran traballo de investigación por parte dos alumnos sobre o cambio climático e as súas consecuencias, e dun gran traballo de redacción e ilustración do conto; os alumnos de 1º e 2º acaban de verse recompensados coa súa elección como finalistas nacionais do XII Concurso de contos Solidarios da campaña Un juguete, una ilusión.
    Desde o Equipo de Biblioteca, estamos moi orgullosos do traballo realizado por estes nenos e nenas; tanto como polo realizado polos seus compañeiros e compañeiras de 5º e 6º que aínda que non chegaron a ser finalistas, tamén se esforzaron moito na elaboración do seu conto.
  
   No seguinte enlace podedes recordar o conto de 1º e 2º:
http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/todos_contra_el_cambio_clim__tico__

    Se vos gustou, podes votar por el seguindo uns sinxelos pasos:


2) Desplega o menú: CUENTOS  FINALISTAS  PRIMER  CICLO

3) Marca o círculo que está diante do noso centro Colegio CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

4) Preme no cadrado VOTAR


Podes votar unha vez desde cada dispositivo: móbil, tablet, ordenador...

PARABÉNS  AOS  NENOS  E  NENAS!!!!

lunes, 23 de noviembre de 2015

PREMIOS DO CONCURSO RECICLÓN

 

   Hoxe tivemos unha sorpresa na biblioteca!! 

   Xa podemos disfrutar dos premios que nos chegaron cos cartiños que se gañaron o ano pasado no concurso "Un bosque de cuento" organizado por Reciclón.

  Mirade cantas cousas novas para a nosa biblioteca: tablets, dicionarios, atlas, libros, xogos, agasallos para os gañadores, xogos de sombras con personaxes de contos...

Podedes escoitar o conto no seguinte vídeo: