martes, 13 de noviembre de 2018

XORNADA MICOLÓXICA

    A Agrupación Pingadouro organiza como cada ano unhas xornadas micolóxicas en Sober nas que se inclúe unha xornada didáctica cos nenos e nenas de primaria.

  Coas cestas preparadas e acompañados por Ramón Losada (micólogo da Asociación Micolóxida de Madrid), saímos polos arredores do colexio para buscar setas e cogomelos entre as herbas, as pedras, as árbores... desfrutando das cores propias do outono.
 
  Xa coas cestas cheas voltamos ao colexio onde, coa axuda de Ramón e consultando libros sobre setas, diferenzamos as especies tóxicas (mantel vermello) das non tóxicas (mantel branco) e puxémoslles etiquetas cos seus nomes.
 
   Despois o micólogo fixo unha explicación sobre elas, as súas propiedades, os seus perigos, as súas partes, como diferenzalas... e respostou a todas as dúbidas dos nosos alumnos ademais de pasar polos estudos de Radiuvín para ser entrevistado por Aitana, Mara e Uxía.
 



Máis imaxes desta saída no enlace: GALERÍA  DE  IMAXES

lunes, 12 de noviembre de 2018

IX XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

    Este fin de semana celebráronse en Santiago de Compostela as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia e ata alí fomos a directora e a encargada de biblioteca para formarnos, traer un montón de ideas na cabeciña e compartir con outros 1.000 mestres inquedanzas sobre o traballo que realizamos nas diferentes bibliotecas.
    Ademais atopámonos cunha gran sorpresa xa que a libreta que publica a Asesoría de Bibliotecas Escolares cada curso e que chega a todas as bibliotecas escolares de Galicia, leva un pedaciño do noso cole.
 


viernes, 9 de noviembre de 2018

LECTURRADIO: Concurso de contos 6º Primaria

    No programa de Lecturradio, hoxe temos a Aitana Cruz  que nos vai a contar un conto propio: A la sombra de los centenarios.

    Un conto escrito por ela para o concurso de contos de Lingua Castelá da súa clase e que lle valeu para resultar gañadora do mesmo.

A GALIÑA PAULINA contada polos nenos de Educación Infantil


    Hoxe tivemos na sección de Lecturradio a algúns nenos e nenas de Educación Infantil para contarnos a historia de  A galiña Paulina;  un conto popular español recollido nesta edición por Fernando Alonso para a colección Superlibros de Santillana.
 
   Con esta fábula, descubriredes a importancia de traballar e esforzarse para lograr as cousas que queremos como a galiña que tivo que traballar moito desde que encontrou un gran de trigo ata que conseguiu a fariña para facer un rico biscoito...e que credes?  Contaría con axuda?  

    Escoitade atentos...
 

jueves, 8 de noviembre de 2018

RETO SUPERADO!!

   Como recordaredes, o Día da Biblioteca en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal, propuxémoslles aos nosos alumnos e alumnas un reto: un  Break Out para que divididos en seis equipos puideran abrir os seis candados que pechaban a gran maleta protagonista deste xogo.

     Os dous primeiros retos foran resoltos polos nenos e nenas de infantil que tiñan que localizar na biblioteca municipal e na nosa biblioteca os libros propostos para encontrar as chaves agochadas que abrían os dous primeiros candados.
  Tras varios días de formación de usuarios, catro equipos mixtos dos cursos de primaria foron os que resolveron os seguintes catro retos baseados na CDU e nas súas novas ilustracións, na organización física da biblioteca, nas etiquetas do libros e na consulta no PAC Meiga utilizando diferentes recursos: escornabots, ordenadores...
     E por fin, cos seis candados abertos, CHEGOU  O  DÍA  DE  DESCUBRIR  O  QUE  CONTIÑA  A  MALETA  QUE  TANTO  TRABALLIÑO  NOS  COSTOU  ABRIR:
 
E agora se queredes compartir ese momento de ledicia e asombro do noso alumnado, dádelle ao play!

viernes, 2 de noviembre de 2018

DOS CONTOS ÁS CONTAS

    A través de Abanca, proporcionóusenos a oportunidade de ver a obra de teatro Dos contos ás contas; e como nós nunca dicimos que non a unha representación teatral... alí fomos!!

    Nesta obra coñecemos a María, unha nena que soña con comprar unha moto vermella e percorrer todo o mundo como o seu tío aventureiro que da última viaxe tróuxolle un libro de contos. 
   Lendo contos coma o Rei Midas, a galiña dos ovos de ouro, a princesa e o sapo ou Barba Azul e soñando con eles, vaise dando conta de que non todo é doado e de que hai que esforzarse para alcanzar as metas propostas.


AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ada

    Estreamos esta actividades cunha nai moi coñecida para os nenos e nenas do noso colexio: Antía, a nai de Ada.
  Entre as dúas contáronnos Con tango somos tres de Justin Richardson e Peter Parnell, un libro que recolle a historia real de dous pingüíns do zoo de Central Park que formaron unha familia diferente.

    Ademais, antes de marchar, Antía e Ada pasaron polos estudios de Radiuvín para gravar esta historia e que todos poidades coñecela ou recordala.




MOITAS  GRAZAS ÁS  DÚAS!!