Rematamos a semana dedicada a Rosalía de Castro co vídeopoema de 3º e 4º de Primaria: ¡Prá á Habana! do libro Follas Novas.
"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
domingo, 28 de febrero de 2021
viernes, 26 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALÍA: 5º e 6º PRIMARIA
O alumnado de 5º e 6º de Primaria tamén na conmemoración do Día de Rosalía .
Os nenos e nenas de 5º de Primaria recitan Tecín soia a miña tea e os de 6º recitan Cando penso que te fuches ; ambos poemas do seu libro Follas Novas .
jueves, 25 de febrero de 2021
miércoles, 24 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALÍA: A clase é un galiñeiro
Para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) propón a creación dun vídeo curto para coñecer, reinterpretar e difundir a obra de Rosalía.
O lema proposto para as clases de infantil foi A clase é un galiñeiro... sobre unha pequena versión que o grupo The Lelli Kellies fixo dos versos finais do poema Vente rapasa (Cantares Gallegos) de Rosalía:
Aquí vos deixamos a nosa versión dos nenos e nenas de Educación Infantil coas súas fermosas cristas para que pasedes un rato divertido, descarguedes adrenalina e botedes unha gran risotada!!
lunes, 22 de febrero de 2021
BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO AUDIOVISUAL
Dentro do programa Biblioteca Creativa, recibimos no centro un obradoiro audiovisual para o alumnado de 3º a 6º de Primaria das mans de GINGKO - COMUNICACIÓN E EDUCACIÓN para aprender a elaborar un booktrailer.
MOITAS GRAZAS AO EQUIPO DE GINGKO E AO PROXECTO
BIBLIOTECA CREATIVA POR ESTE OBRADOIRO!!
Para ver máis imaxes deste obradoiro... GALERÍA DE IMAXES
viernes, 19 de febrero de 2021
AS FAMILIAS CONTAN: FAMILIA DE SILVIA
sábado, 13 de febrero de 2021
DÍA MUNDIAL DA RADIO - 2020
Preséntasnos a radio do teu centro?
A proposta que recibimos da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! para conmemorar o Día Mundial da Radio foi presentar a radio da nosa biblioteca: Como se chama? Onde está? Que fai? Que medios ten? Envíanos a túa saúda para o Día Mundial da Radio!
E , por suposto, aceptamos participar nesta conmemoración presentando a Radiouvín a outras radios escolares galegas. No seguinte enlace podedes escoitar a nosa presentación feita por Diego e Germán de 3º de Primaria:FELIZ DÍA MUNDIAL DA RADIO!!















