domingo, 19 de marzo de 2023

El hombre de nieve (Glora Fuertes)

   Hoxe rematamos o inverno para dar paso a primavera e queremos facelo cun fragmento da poesía El hombre de nieve escrita por Gloria Fuertes:

 Los niños hicieron
un hombre de nieve,
con brazos y piernas
y sombrero verde.

Lo hicieron muy gordo,
con una sonrisa,
muy grande, muy prieto,
y se le veía
desde todo el pueblo.

El hombre de nieve
empezó a adelgazar,
los rayos del Sol
le sentaban mal.

     No seguinte podcast podedes escoitala recitada polos alumnos e alumnas de Infantil B


 

viernes, 17 de marzo de 2023

AS FAMILIAS CONTAN - Familia de Leonor

    Nas familias contan de hoxe as protagonistas foron Leonor e a súa nai Cristina que nos viñeron a ler o libro O incrible neno devorador de libros de Oliver Jeffers.


   Con esta lectura coñecemos a Henry, un neno que un día decidiu probrar unha palabriña dun libro... despois unha folla e outra folla ata que ao final papou o libro enteiro.

  O bo que tiña comer libros era que cada vez Henry se ía facendo máis listo, incluso máis listo que a súa profe! Ata que de tanto comer empezaron a enredárselle os coñecementos e as palabras... vaia lío!

   Finalmente, como xa non podía comer máis libros, decidiuse a lelos e así os demais tamén podían disfrutar deles.

Pero credes que se poderá resistir ás saborosas palabras e ás apetitosas páxinas dos libros?

Se queredes sabelo, podedes escoitar o libro no seguinte podcast.

  

MOITAS  GRAZAS  AS  DÚAS  POR  VOLVER  A  PARTICIPAR  NESTA  ACTIVIDADE!!

É  UN  PRACER  CONTAR  COA  VOSA  COLABORACIÓN!
 
 

miércoles, 15 de marzo de 2023

APRENDENDO SOBRE O DANO CEREBRAL ADQUIRIDO

 A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) é unha organización que persegue a mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.

  Para iso, ademais de apoio a estas persoas realiza campañas de sensibilización e información sobre esta discapacidade mediante a formación a diferentes colectivos nos que se inclúe o alumnado de centros educativos.


    Por esta razón tivemos na biblioteca a Carla, representante da asociación, explicándolle aos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria que é o dano cerebral adquirido, as súas principais causas, as consecuencias e os síntomas de alarma do ictus.

   A actividade tivo como base a guía de Os Bolechas titulada Mireia conta que é o dano cerebral adquirido que lle serviu de apoio para ampliar os conceptos básicos de esta sesión.

   A continuación deixamos unhas imaxes desta guía sobre o que podemos facer nós para axudar a persoas que sufran esta doenza.

  Para rematar, lembrade a Regra dos 3 F para detectar con rapidez se unha persoa está sufrindo un ictus e o teléfono ao que debemos chamar.


  Moitas grazas a FEGADACE por esta sesión de sensibilización entre o noso alumnado que ademais axuda a reforzar o obxectivo 3 da axenda 2030!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 


lunes, 13 de marzo de 2023

SOBERICIAS. O XORNAL QUE CONTA AS MELLORES NOTICIAS (OU NON...)

   Debido á importancia que os medios de comunicación teñen hoxe en día como instrumentos que nos informan do que pasa arredor e nos achegan á realidade cultural e social na que vivimos, parécenos moi importante tamén traballar con eles na escola.

    Os xornais, a televisión, internet… fan que as noticias cheguen en diferentes soportes pero… son todos fiables? 


   A desinformación (noticias falsas, información sesgada, manipulación de titulares ou similiares) é un problema ao que o noso alumnado se deberá enfrontar a partir de agora xa que as posibilidades actuais de xerar contidos e distribuílos en diferentes soportes e medios sen pasar ningún filtro cada vez son maiores.


     A linguaxe escrita e as imaxes que a acompañan, xogan un papel fundamental na interpretación de todas noticias que lemos, vemos ou atopamos na rede; por iso, desde o punto de vista escolar, parécenos fundamental compartir co alumnado experiencias que inclúan a análise dos medios de comunicación que forman ou formarán parte da súa vida cotiá.

  Para levar todo isto á práctica deseñamos unha Situación de aprendizaxe que ten como resultado final este xornal no que poderedes ler noticiais reais pero tamén outras que non o son tanto (as chamadas fake news).

  Esperamos que saibades apreciar todo o traballo desenvolvido polo alumnado. Nós como docentes, estamos moi orgullosos deles.

viernes, 10 de marzo de 2023

VIAXANDO POLAS LETRAS (10 / 2022 - 2023)

  Hoxe tivemos a décima sesión do club de lectura, a segunda dedicada ao libro Vento, ventiño, venteiro de Antonio García Teijeiro.


  Comezamos resaltando a dedicatoria e o epígrafe xa que son partes dos libros que ás veces pasamos por alto.

   A  dedicatoria  está dirigida á persona ou personas ás que o autor ofrece a obra e normalmente expresan sentimientos de gratitude e homenaxe. Neste caso en concreto, tamén aprendemos unha nova palabra que nos pareceu moi fermosa: algareiro (falador e amigo de gastar bromas, tamén que ten un son agradable ao oído)


   O  epígrafe  é unha frase curta, pensamento ou cita dun autor que colocada no encabezamento dunha obra, capítulo, parágrafo... anuncia o seu contido. Utilízase desde o s. XVI e xeralmente aparece impresa con outro tipo de letra. 

   Neste libro podemos ler tres citas de tres autores galegos relacionadas co vento.


   Despois comezamos a falar do libro reflexionando sobre os sentimentos tan variados que nos produce o vento: nerviosismo? ansiedade? sensación de frío? gana de quedar na cama ou na casa? 

   Curiosamente, a priori, a ningún membro do club lle produce sentimentos positivos o vento polo que a maioría dos poemas os sorprenderon bastante xa que neste libro se presenta alegre, xoguetón, bromista, bailarín...


   A continuación lemos algúns poemas que elixiron os membros do club como Baila o vento coas nubes (páxina 14), Sei dun vento mentireiro (páxina 20) ou Un peixiño revirado (páxina 21) e fixamos a seguinte sesión coa que remataremos o libro.

 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Manuel Vázquez

     Hoxe foi día de As familias contan polo que recibimos na biblioteca a Noelia, nai de Manuel Vázquez, que se  quixo sumar a esta actividade.

   Eles escolleron para contarnos o relato "El conejito de terciopelo" (adaptación de Margery Williams) do libro Cuentos fantásticos para dormir, que según nos contaron é un libro especial para Manuel porque llo regalaron cando naceu e aínda o segue lendo.


  Este relato conta a historia dun coello de peluche que só desexaba unha cousa: SER REAL!  

Pero que é ser real para un xoguete??

Segundo o cabalo balancín, ser real é algo que ocorre cando un neno quere durante moito, moito tempo a un xoguete non só para xogar senón porque o quere de verdade.

  Pero o neno ao que llo regalan abúrrese pronto del e o coello queda olvidado no armario dos xoguetes ata que un día a nai do neno non atopa o oso de peluche co que normalmente dorme e dálle o coelliño para esa noite.

    A partir dese momento o coello faise importante para o neno polo que o coello é moi feliz; de feito, vólvese tan importante para o neno que acaba conseguindo o que máis quería: deixar de ser un xoguete  e volverse REAL!!

    Se queredes escoitar este conto, podedes facelo no seguinte podcast que nos deixaron gravado Noelia e Manuel.

 

   MOITAS  GRAZAS  AOS  DOUS  POR  CONTARNOS  ESTE  CONTO  TAN  TENRO!! 

PODEDES  VOLVER  CANDO  QUEIRADES!!

GALERÍA  DE  IMAXES



jueves, 9 de marzo de 2023

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

  O Día Internacional da Muller deste ano 2023 xira en torno ao seguinte lema: "Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía par a igualdade de xénero".

  Tamén a igualdade de xénero ten un obxectivo propio na Axenda 2030 que é o obxectivo 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. 


  Na nosa biblioteca traballamos co concepto de igualdade durante todo o ano pero nestas datas intensificamos o traballo con diferentes actividades que compartimos a continuación:
 
 OBRADOIRO  DE  VISIBILIDADE
 
Este obradoiro foi unha actividade proposta polo Concello de Sober na que o noso alumnado tiña que escribir nos seus globos o nome de mulleres referentes para eles; podían ser mulleres que destacaran en diferentes campos ou mulleres da súa contorna ou familia.

    Para as mestras do cole foi unha sorpresa ver que entre os nomes de científicas, activistas, nais ou avoas aparecían tamén os nosos nomes e os das cociñeiras de xeito espontáneo. Foi un pracer sentir este recoñecemento dos nenos e nenas ao cariño e traballo que lles dedicamos todos os días; moitas grazas!!

 Despois con eses globos fíxose un gran 8M que se levou á Praza do Concello para que todo o mundo poida velo e reflexionar sobre o día de hoxe.

 


ALFABETO  DE  MULLERES  RELEVANTES
 
   Outra das actividades que se fixeron foi a elaboración deste mural a partir do libro El ABC de las mujeres que han hecho historia escrito por  Miriam Payá López (@MiriamiTaP) no que se recollen mulleres relevantes en ámbitos moi diversos: ciencia, deporte, televisión, literatura, medio ambiente, paz, igualdade, política...

 
 WOMEN´S  DAY

   Como somos un centro plurilingüe, o departamento de plástica coa axuda de Aly, a nosa auxiliar de conversa, elaborou un mural para esta conmemoración e un vídeo en inglés con subtítulos en galego co que coñeceredes os motivos polos que se celebra esta data e algunhas mulleres importantes da historia.
 
 
   Ademais na parte final do video poderedes ver a todo o alumnado do centro cos debuxos que fixeron das mulleres que son importantes para eles/elas.