Hoxe coñecimos o lema escollido pola Consellería de Cultura, 
Educación e Ordenación Universitaria para as bibliotecas do PLAMBE durante o curso 2018/2019: 
"Poéticas diversas na biblioteca escolar"
| Imaxe de Nuria Díaz | 
    "A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para 
descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular 
esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na
 música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos
 seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa 
música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto
 que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a 
abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento 
científico (eses escutoides descoñecidos até agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima..."
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario