lunes, 2 de marzo de 2020

XOGO DE EXPRESIÓN ORAL: pronomes e tempos verbais

Hoxe queremos presentarvos un xogo de taboleiro con escornabots que ten a finalidade de que o noso alumnado de 2º a 6º de Primaria traballe a construción de oracións, os pronomes e os tempos verbais de forma lúdica.

 Necesitaredes os escornabots, un taboleiro e tres dados: un de puntos, un de pronomes e outro de tempos verbais.
https://www.tinkercad.com/things/k6i4XJeBEO0-dado-tempos-verbais/edit
https://www.tinkercad.com/things/cvxCcdsjeRA-dado-pronomes/edit


     Para comezar un xogador do primeiro grupo tira os dados de pronomes e tempos verbais; a continuación tira o dado de puntos e move o escornabot na dirección que queira pero programando tantos movementos como puntos saíran no dado.

     Despois deberedes construír unha oración na que combinedes a acción representada no taboleiro e o pronome e o tempo verbal correspondentes á tirada. Se a oración é correcta e tanto o pronome como o tempo verbal están ben empregados, gañaredes un escornapunto. O xogo acabarase cando un dos equipo acade 5 escornapuntos.

    Podedes introducir variantes ás normas básicas do xogo para aumentar ou diminuír a dificultade:
- Utilizar só un dos dados (poden xogar só co dado de pronomes ou só co dado de tempos verbais).
- Establecer un número de palabras mínimo na oración.
- Encadear as oracións de xeito que formen unha historia.
- Incluír a variante tipos de oracións: interrogativa, exclamativa, enunciativa, imperativa, dubitativa...

   Xa podedes comezar a xogar porque os materiais están dispoñibles no andel correspondente da biblioteca!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario