Nesta sesión comezamos un novo libro: El dulce hogar de Chi de Konami Kanata. Con esta elección queremos achegarnos ao mundo do manga, un tipo de literatura que lles resulta moi atractivo aos compoñentes do club.
Comezamos aprendendo a ler manga e para iso, contamos coa colaboración dos alumnos que xa len manga nas súas casas que lles explicaron aos demais como hai que facelo e tamén compartimos este titorial de Wasabi Manga: 7 cosas que debes saber antes de empezar a leer manga.
O libro elexido pertence á categoría de manga KODOMO que en japonés significa neno e que no ámbito do manga se usa para referirse ao público infantil xa que trata temas adaptados a este público e a familias e tanto o vocabulario como as ilustracións son adecuados para estas idades.
Chi é a protagonista desta serie que estivo de moda en Xapón e que se converteu nun éxito de ventas mundiais. A historia comeza cando unha familia atopa na rúa un gatiño moi bonito e adorable e deciden recollelo.
Que aventuras terán que vivir Chi e a súa familia de acollida?
Comecemos a ler...
No hay comentarios:
Publicar un comentario