Na primeira sesión do ano dos obradoiros subvencionados pola ANPA, o alumnado de 1º e 2º de Primaria fixo prácticas de comprensión lectora e xogos para mellorar a antención e a memoria.
Os demais alumnos de Primaria reflexionaron sobre a importancia do lugar de estudo: temos un lugar de estudo determinado? Ten suficiente luz? Teño o meu espazo ordenado? Manteño unha postura corporal adecuada? Existen ruidos ou outros factores que me desconcentren?
Aspectos moi importantes para adquirir bos hábitos de estudo pois un lugar de estudo adecuado e sen distraccións garante que non perdamos tempo buscando materiais, libros, papeis... Así o estudo é máis produtivo e aproveitamos mellor o tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario