Aló polo mes de xaneiro, o alumnado do CEIP de A Pobra envionunos un programa de radio no que nos falaban das festas típicas do seu concello e nos animaban a nós a investigar e elaborar un programa sobre as nosas (podedes volver a escoitar o seu programa AQUÍ)
Pois ben, en canto o recibimos puxémonos mans á obra; pero non queriamos que fose nada máis un programa informativo así que decidimos facelo un pouco máis persoal e, como en Sober tamén somos moi festeiros e conmemoramos moitas cousiñas, non poderiamos abarcar todo así que nos centramos nas festas que se celebran nas parroquias e lugares dos nenos e das nenas que temos agora no colexio.
Para isto comezamos coñecendo o mapa das parroquias porque se non, non íamos a saber a donde tiñamos que ir a bailar en cada festa!
Despois elaboramos unha ficha con preguntas sobre as festas para mandar ás familias e que nos contaran cousas como onde se celebra, desde cando, o porqué...
E que pensades? Credes que as familias colaborarían?
Pois claro que si! Chegounos tanta información que non a dabamos procesado! Por iso nos levou tanto tempo facer este programa porque queriamos contar todo pero todo non podiamos porque aínda así, resumindo, é un programa bastante longo.
Así que antes de nada, MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE CUBRIRON A FICHA E NOLA ENVIARON DE VOLTA!
E vós, se queredes aprender moitas cousiñas sobre as nosas tradicións desde San Amaro ata a Concepción, escoitade o audio e poñede atención!
Que vos pareceu? A que dan ganas de irse de romería e comer unha desas sobremesas das que nos falaron?
Pois algunhas festas xa se van a retomar este ano así que se alguén se anima, xa sabedes onde tedes que vir!!
Unha aperta moi forte a todxs, BO VERÁN e VÉMONOS Á VOLTA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario