miércoles, 22 de junio de 2022

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º

  Inevitablemente, cada ano ao chegar o último día lectivo do curso, toca despedir ao alumnado de 6º de Primaria que remata a súa etapa no colexio.

   A Hugo, Lucas, Lucía e Pilar vímolos medrar desde infantil; eran pequeniñs como botóns! 

 

    Pau incorporouse o curso pasado chegado doutra comunidade; pero non pensedes por iso que o imos a estrañar menos que aos demais; cada membro da comunidade educativa é igual de importante para nós e agora sodes un grupo de cinco ao que botaremos moito de menos como se puido comprobar na despedida de hoxe onde a emoción fixo que case todos acabaramos chorando.


 

 
 

  No seguinte podcast, podedes escoitar como se despiden eles de nós cunhas pequenas cartas nas que lembran o seu paso polo colexio; e no vídeo de abaixo, acompañamos as voces con algunhas imaxes para que lle poñades cara a quen está falando.

   Desexámosvos que sigades sendo bos rapaces e rapazas, que sexades moi felices tamén en Secundaria e que non teñades ningunha dificultade na nova etapa que empezades no instituto; pero se a tedes, recordade que SEMPRE PODEREDES CONTAR CONNOSCO  E  QUE  ESTE  É  O  VOSO  COLE!!

UNHA  APERTA  MOI  GRANDE  PARA TODXS!!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario