As alumnas da materia de Valores Sociais e Cívicos de 3º de primaria estiveron a traballar o conto Pequeno Azul e Pequeno Amarelo de Leo Lionni da editorial Kalandraka.
É un conto clásico da literatura infantil que axuda a traballar valores como a amizade, a identidade, a liberdade e a multiculturalidade, entre moitos outros.
Logo de pasar uns días traballando con el, Ada e Antía foron á radio a gravar o conto para compartilo con tod@s. Tamén gravaron un vídeo na mesa de luz na que interpretan as escenas máis importantes da historia.
Botádelle unha ollada ao seu resultado. Esperamos que vos guste moito!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario