O novo libro que estamos lendo para rematar o curso é Aventuras y desventuras de los alimentos que cambiaron el mundo, escrito por Teresa Benéitez e editado por A fin de cuentas; un libro informativo que fala de alimentos moi coñecidos que forman parte
da dieta de todos nós pero que, aínda que pareza mentira, non sempre se
cultivaron en todo o mundo: trigo, arroz, pementos, café , tomate...
A cada alimento dedícanselle catro páxinas nas que aprenderemos sobre a súa orixe, zonas de cultivo, perigos que lles afectan, receitas, citas de autores, datos científicos... e o que nós fixemos para esta sesión foi repartir en parellas os alimentos que forman a primeira parte do libro: alimentos levados a América; para que cada grupo fixese unha pequena exposición ao resto de membros do club e así aprender sobre todos estes ingredientes.
Da man deste alumnado, aprendemos moitas cousas sobre o trigo, o olivo, o arroz, a vide, o café, a caña de azucre, o plátano e a pementa; e case todos con algo en común: o seu principal risco é o cambio climático, o quecemento global, as plagas derivadas destes... se cadra, deberiamos reflexionar sobre isto!
Despois de falar tanto dos alimentos, fixemos unha visita á Fundación Belarmino Fernández Iglesias, a Escola de Hostalería e Turismo de Sober. Alí recibiunos David Cidre, mestre de cociña, que nos eninou a facer galletas de cacahuetes.
Despois de lavar ben as mans e poñerse os mandís, lemos a receita para saber que ingredientes necesitabamos repasando o que xa sabiamos sobre eles e aprendendo sobre os que non sabiamos
como a vainilla.
A continuación comezamos co proceso: acadar textura de pomada para manteiga e mesturala co azucre.
Incorporar a manteiga de cacahuete, os ovos, a vanilla e bater.
Engadir a fariña e o bicarbonato tamizados e mesturar.
Mentres deixamos repousar a masa, aproveitamos para facer unhas fotos de grupo.
Coa masa repousada e refrigerada, facemos bólas, máis ou menos do mesno tamaño, que colocamos en bandexas para meter ao forno a 180º, 10 ou 15 minutiños.
Pero a aprendizaxe de hoxe non quedou aí; así que mentres esperabamos que as galletas estivesen listas, Lara Álvarez, mestra de sala, e algúns alumnos ensináronnos a preparar un cóctel sen alcol e un riquísimo batido de chocolate.
Para o cóctel comezamos escrachando o vaso con Granadina e azucre
Despois servimos máis granadina e zume ao gusto; pero sempre botando por riba do xeo para que non se mesturen os dous líquidos.
Para rematar, adornamos con cítricos.
Para o batido de chocolate, mestúrase leite e xeado de chocolate ao gusto de cada quen. Sérvese sobre uns vasos con sirope de chocolate no fondo.
Namentres nós faciamos as bebidas, as galletas xa saíran do forno e estaban listas.
Só nos faltaba comer...
Probas superadas!!
Antes de marchar, quixemos deixarlle aos mestres e xs alumnxs que nos acompañaron un agasallo por ternos dedicado este ratiño do seu tempo. Entregámoslles un exemplar do libro que nos levou ata aquí e un recordo da nosa biblioteca con Lectuvín como protagonista.
Ao rematar o obradoiro de cociña, volvemos para o cole onde comemos todos xuntos no pavillón e tivemos un ratiño de xogos.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS MESTRES E MESTRAS DA ESCOLA DE HOSTALERÍA E O ALUMNADO QUE NOS ACOMPAÑOU!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario