Ao inicio de curso abriuse a Academia Máxica para acoller aos novos aprendices a mag@s de 3º e 4º de primaria. Ao longo de todas as avaliacións participaron no proxecto O club da maxia, no que tiveron que ir superando diversas tarefas que lles proporcionaron os contidos e habilidades necesarias para, a final de curso, conseguir converterse en verdadeiros mag@s!!
Comezamos facendo a cerimonia de asignación a cada unha das casas de Hogwarts. Cada grupo tivo que ir resolvendo retos diarios que lles propoñía a Axencia de Magos, relacionados con contidos vistos ao longo do curso.
Unha vez que superaron estes retos, puideron comezar a prepararse para iniciar a súa carreira de maxia. Moitos foron os traballos realizados durante estos meses. Un deles, foi o Libro da Maxia, incluído xa na Maxiteca e, que pasará a formar parte da biblioteca do centro.
Nel, o alumnado tivo que investigar a vida dos principais mag@s e ilusionistas da historia.
O seu traballo e esforzo ao longo de todo o curso deu os seus frutos e, por fin, poden dicir ben alto que: SON MAGOS!!!!
NORABOA!!!!
Soamente aquel que cre na maxia é capaz de atopala!
A MAXIA SODES VÓS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario