Este ano retomáronse os concertos didácticos que organiza o Concello de Santiago de Compostela en colaboración co Auditorio de Galicia para estudantes de Primaria.
Nós fomos a ver o espectáculo "Mini Mozart" no que Mozart e a súa irmá Maria Anna nos foron presentando os diferentes instrumentos da orquestra mentres escoitabamos varias obras do autor como a abertura de As vodas de Fígaro, A pequena serenata nocturna, algunha aria de Don Giovanni con acompañemento de clavicémbalo ou a Marcha Turca (tercer movimiento Alla Turca de la Sonata para piano n.º 11)
Un concerto moi didáctico e divertido que a máis de algún/algunha se lle fixo curto.
Despois de xantar no parque do auditorio, fixemos unha visita guiada polas cubertas da Catedral de Santiago de Compostela. Aínda que tivemos que subir máis de 100 escalóns, as vistas mereceron a pena xa que desde arriba puidemos observar a Torre das campás e a Torre da carraca desde unha perpectiva totalmente diferente.
Tamén puidemos ver de preto outros elementos da catedral como a Torre do reloxo ou Berenguela e a fachada orixinal da Praza de Praterías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario