Para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebra cada 23 de abril, o alumnado da Academia Máxica realizou un Bookface. Este termo anglosaxón consiste en realizar unha fotografía na que unha persoa "fúndese" coa cuberta dun libro, facendo coincidir a imaxe real coa portada do libro.
Ao longo duns días, tiveron que pensar que libro lles gustaría elixir e idear como deberían realizar as fotografías e se necesitaban vir vestidos de algún modo específico para así, conseguir un efecto máis realista.
No seguinte documento podedes ver as súas creacións empregando o software de deseño gráfico denominado Canva.
Imprimimos as fotografías e colgámolas na porta da nosa aula para que o resto dos nosxs compañeirxs puiedesen ver as nosas recomendacións lectoras.
A todxs lles gustou moito a decoración da nosa porta e encantoulles a idea!
No hay comentarios:
Publicar un comentario