miércoles, 20 de diciembre de 2023

CLUB DE LECTURA (5 / 2023 - 2024)

   Na última reunión do club de lectura desta avaliación, rematamos as sesións dedicadas ao libro Mitos e Lendas da Ribeira Sacra coa visita dos seus autores: Dani Viéitez e Iria Iglesias.


  Nesta reunión os membros do club de lectura puideron falar con eles de todo o relacionado co proceso de creación dun libro desde a idea inicial ata que chega aos lectores.

    Algo que lles resultou moi interesante e sorprendente deste proceso foi o traballo de ilustración dixital, xa que Iria e Dani mostráronlles como se debuxa e como evolucionan as ideas desde o boceto inicial ata o resultado final.



  Outros temas que tratamos foron o traballo de investigación e documentación que tiveron que facer para escribir este libro e a importancia das lendas e da cultura popular dun pobo.

       Tamén pudiemos falar sobre os gustos persoais dos nenos e das nenas e compartir o seu punto de vista cos autores: que lendas lles gustaron máis, cales menos, cales non entenderon ben, por que case todas tiñan que ver con namorados...


      Ademais aproveitamos para falar con eles sobre outros dos seus libros, dos seus comezos como autores e ilustradores, de próximos proxectos...

     E antes de marchar, os autores aínda tiveron un tempiño para dedicarlle unhas palabras e unhas ilustracións ao membros do club.



  MOITAS  GRAZAS,  IRIA  E  DANI,  POR  ESTA  VISITA

E   POR  COMPATIR  CON  NÓS  O  VOSO  TEMPO!!

XA  ESTAMOS  DESEXANDO  LER  O  VOSO  PRÓXIMO  LIBRO!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario