martes, 30 de enero de 2024

DÍA DA PAZ: EKECHEIRIA ou TREGUA OLÍMPICA

    O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia e para facelo, como estamos inmersos no proxecto XOGOS OLÍMPICOS, queremos falarvos sobre a EKECHEIRIA ou TREGUA OLÍMPICA.

    O primeiro foi averiguar que era iso da TREGUA OLÍMPICA polo que un grupo de alumnos de 5º de Primaria buscou información e preparou unha presentación e un programa de radio para explicarllo ao resto do alumnado.


 

TREGUA OLÍMPICA de Biblioteca VIRXE DO CARME

  

    Unha vez que xa sabiamos que a EKECHEIRIA era un período no que as guerras e os conflitos entre as cidades e os reinos se suspendían para que se puidesen realizar as olimpíadas, puidemos reflexionar sobre palabras e conceptos relacionados co deporte e a paz que despois recortamos para poñer no noso mural: XUSTIZA, XOGO LIMPO, CONVIVENCIA, SOLIDARIEDADE, DIÁLOGO, RESPECTO, TOLERANCIA...


   Tamén fixemos unha sopa de letras que deseñaron un grupo de alumnos de 1º e 2º de primaria na que tiñan que atopar estas palabras:



   Cando xa tivemos claro a importancia dos valores do deporte e que a través deles se pode chegar á PAZ comezamos a elaborar o noso mural co que pretendemos que non se olviden do traballado para esta data.

   Como imaxe central decidimos utilizar o símbolo da Tregua Olímpica que é unha pomba da paz cunha rama de olivo que voa sobre os aros olímpicos coa chama olímpica de fondo formada por diferentes cores que representan a persoas de todas as razas.

 


   Ás chamas démoslle cor coas pegadas dixitais de todo o alumnado do centro e do PAI de Sober e aos aros coas mans do alumnado de infantil.




      Podedes ver o resultado final na seguinte imaxe:


   Para rematar as actividades deste día, quixemos tamén conmemorar o Día da Ilustración que se celebra na mesma data polo que xuntando as dúas efemérides, todos os nenos e nenas do colexio, ilustraron un dorsal intentando replicar os iconos dos deportes olímpicos baixo o lema XOGANDO LIMPO  TAMÉN CONSTRUÍMOS A PAZ (non facendo trampa, respectando as regras, sabendo perder e sabendo gañar, xogando con todos sen deixar a ninguén de lado...)


 
    Damos por finalizada a actividade facéndonos eco das palabras de Thomas Bach, presidente do Comité Olímpico Internacional (COI) e campión olímpico:

Os Xogos Olímpicos mostran ao mundo como competir pacíficamente. Ensínannos que, a pesar de todas as nosas diferenzas, é posible que a humanidade viva xunta en paz, respecto e armonía.”

GALERÍA  DE  IMAXES 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario