Comezamos As familias contan do 2024, con Cristina e Leonor que compartiron con nós Miles de libros de Eduardo Baamonde.
Con esta lectura puxéronlle voz a un lector ou lectora ao que lle gustan os libros por como son (grandes ou pequenos que pode levar no peto, de cores cálidas, polas súas ilustracións...) pero tamén polo que contan.
Gústanlle os libros con moitas letras que contan historias longas e os que teñen moitas ilustracións.
Tamén lle atraen os libros divertidos cos que podes cantar, xogar ou rir pero non os que falan de pelexas nin liortas.
Libros informativos de animais, dinosaurios, astroloxía, arte, historia, cidades, viaxes, paisaxes... e libros de aventuras, meigas, fadas, trasnos, piratas, sereas, criaturas do mar...
Tamén nos conta que lle gusta ler no verán na area da praia ou na cama para soñar coas súas páxinas.
E a ti, como che gustan os libros?
Para escoitar toda a lectura e coñecer moitos máis tipos de libros, aquí tedes o podcast que Leonor e a súa nai gravaron en Radiuvín.
MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!
ESPERAMOS VOLVER A VERVOS O PRÓXIMO CURSO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario