Seguimos co proxecto dos Xogos Olímpicos e para o Día da Muller quixemos investigar sobre o papel das mulleres nestes xogos ao longo da historia.
Comezamos esta investigación pola Antiga Grecia onde as mulleres non podían participar; pero descubrimos que existían os xogos Hereos que eran xogos na honra da deusa Heras, esposa de Zeus nos que as mulleres competían en problas atléticas.
A continuación quixemos saber cales eran as con máis medallas e descubrimos que o ranking mundial o encabezan mulleres como Larisa Latynina (ximnasta da Unión Soviética, 18 medallas), Birgit Fischer (piragüista alemá, 12 medallas), Jenny Thompson (nadadora estadounidense, 12 medallas) ou Věra Čáslavská (ximnasta, 11 medallas)
E que as primeiras mulleres do medalleiro olímpico español son Mireia Belmonte (natación, 4 medallas), Andrea Fuentes (natación sincronizada, 4 medallas) e Arantxa Sánchez Vicario (tenis, 4 medallas).
Despois elaboramos un mural que nos serviu de base para compartir toda esta información co resto do alumnado do colexio.
E fixemos unha reflexión sobre a muller á que nos lle daríamos a medalla de ouro das nosas vidas.
Esperamos que todo o falado hoxe sirva para que o noso alumnado reflexione sobre a importancia da igualdade de xénero en todos os ámbitos da vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario