O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou hoxe no programa especial sobre a Feira do Viño que Onda Cero realizou en directo desde a Casa da Cultura do Concello de Sober.
Antes do programa puideron conversar coa locutora Manola Porto e co técnico Luis González sobre como se fai un programa en directo. Luis explicoulles como se emitía e que canles utilizaban para evitar que o programa se deixase de escoitar no medio da emisión.
Despois os nenos e as nenas compartiron entrevista con Luis Fernández Guitián (alcalde de Sober) e puideron dar o seu punto de vista sobre a elaboración de viño nas súas casas, a propia Feira do Viño ou que visitar en Sober.
MOITAS GRAZAS A MANOLA PORTO, A LUIS GONZÁLEZ E A ONDA CERO MONFORTE POLA INVITACIÓN E POR DÁRLLE VOZ AO NOSO ALUMNADO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario