viernes, 19 de septiembre de 2025

EXCURSIÓN Á GANDERÍA PULUÁN

     A semana pasada, os alumnos e alumnas de Educación Primaria disfrutaron dunha visita á granxa Puluán, organizada pola ANPA a través do programa "Da Escola á Granxa" da Deputación de Lugo.

    Nesta visita puideron ver tódolos animais que viven na granxa e aprender moito sobre os seus coidados e a súa forma de vida. 


     Nada máis baixar do autobús xa puidemos ver as primeiras vacas cos seus becerriños.



   Despois aprenderon sobre a súa alimentación e puideron darlle de comer ás vacas adultas.


   Tamén nos ensinaron como era o proceso de muxir ás vacas e como se mantén o leite ata que veñen a buscalo para levalo ás fábricas onde se envasará.



   Por último puidemos probar os seus productos que inclúen leite fresco, queixo fresco e queixo macerado en viño da Ribeira Sacra.


   Para rematar a visita agasalláronos cun exemplar do libro Os Bolechas. Da escola á granxa para cada un no que podemos atopar máis información sobre esta gandería.

 

   Moitas grazas á ANPA pola organización desta visita tan interesante!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario