viernes, 19 de septiembre de 2025

PRÁCTICUM - Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense

    Por terceiro ano colaboramos coa Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense. Nesta ocasión a colaboración fíxose dento do Prácticum. Obradoiros de iniciación á práctica profesional destinado ao alumnado dos Graos de Educación Infantil e Educación Primaria coa finalidade de coñecer a realidade do noso centro educativo.

    Para  o desenvolvemento da actividade, xs universitarios dividíronse en varios grupos guiados por biblioaxudantes que pasaron por 5 puntos diferentes do noso colexio: a biblioteca, o espazo croma, a radio e as aulas de Ed. Infantil e Ed. Primaria.







   Na biblioteca, xs biblioaxudantes tiñan preparada unha intervención sobre a organización da nosa biblioteca (Lectuvín, a CDU, espazo creativo...), as actividades que facemos, o seu labor como biblioaxudantes e todos os recursos e materiais que se poden atopar nela.


     No espazo audiovisual do croma, tres biblioaxudantes explicáronlles como se utiliza esta técnica e as súas aplicacións didácticas: pero non só de forma teórica xa que puideron facerse varias fotografías e gravar algúns vídeos. 

      A continuación coñeceron os nosos estudos radiofónicos de Radiuvín, onde outro grupo de biblioaxudantes recibiron aos futuros mestres e mestras para explicarlles como se grava, como funciona o programa editor de audio e ata lles fixeron unha pequena entrevista.


    Na visita ás aulas de Ed. Infantil e Ed. Primaria puideron coñecer ás nosas crianzas e a diferente metodoloxía de traballo que se leva a cabo nas aulas mixtas, nas que convive o alumnado de dous cursos diferentes, e nas aulas simples.




   Despois das visitas programadas puideron compartir tempo de lecer co noso alumnado durante o recreo.


    E para rematar, o alumnado da facultade participou nunha mesa redonda coa directora do centro e o noso alumnado na que puxeron en común impresións, inquedanzas, dúbidas, ideas...


MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  COMPARTIR  CON  NÓS  ESTA  MAÑÁ,

ESPERAMOS  QUE  VOS  GUSTARA  A  VISITA!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario