No noso colexio os libros nuncan deixan de contar historias... ata cando parece que a vida dos libros chega ao final e temos que expurgalos, atopamos que facer para dárlle unha nova vida. Nesta ocasión utilizamos a idea de Elenhomestyle para transformalos en algo completamente novo: pequenos libros - xarrón cheos de cor e creatividade.
Os nenos e nenas interviron as páxinas dos libros recortando, dobrando e dándolle forma ata convertelos en orixinais soportes a modo de xarrón.
Despois pégamoslles ás flores e aos insectos que estiveran coloreando uns pauciños como se foran os seus talos e adornamos con eles os xarróns.
Para rematar colocamos todos eses libros no corredor principal do colexio onde quedan moi fermosos e lle dan vida ao noso “Xardín dos libros” que non é só unha actividade artística e creativa, senón tamén unha forma de reflexionar sobre a importancia de reutilizar, coidar e reinventar os materiais que nos rodean.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario