O ano pasado, o noso alumnado e o alumnado do resto de centros escolares da comarca de Lemos; fixo un traballo de ilustración do texto do conto María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo.
Este ano, a través dunha subvención xestionada polo CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos; o conto foi publicado e entregado aos centros escolares. A esta entrega acudiron os nenos e nenas de 5º e 6º, sendo o delegado da clase o encargado de recoller os exemplares que nos correspondían:
Esta viaxe, tamén foi un momento de reencontrarse co profesor de Educación Física que se xubilou este curso e que era o titor dos alumnos e alumnas que agora están en 6º.
Xa no colexio fixémoslle entrega dun exemplar do conto aos ilustradores do debuxo que este ano cursan 1º de ESO para que lles quede un recordo da ilustración que fixeron correspondente ao seguinte texto:
"Cando chegaron a Lugo, María Castaña quedou abraiada. Nunca vira nada igual, a muralla romana, a catedral, o pazo do bispo
a carón dela, casas grandes de pedra que pertencían á nobreza e outras casas máis pequenas que pertencían aos artesáns e comerciantes."
No hay comentarios:
Publicar un comentario