A Escola de Música de Sober organiza cada ano un concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Neste concerto a parte musical vai a cargo da Escola de Música, o Coro Berea, o Coro Infantil e o alumnado de Música e movemento.
A parte relacionada coas letras, organízaa a Biblioteca Pública Municipal co noso alumnado que participou recitando textos de María Victoria Moreno entre cada actuación musical.
MOITAS GRAZAS Á ESCOLA DE MÚSICA E A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL POR CONTAR CO NOSO ALUMNADO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario