miércoles, 19 de noviembre de 2014

O MAGOSTO

Por fin, hoxe puidemos celebrar o noso magosto!!!
    Os nenos e nenas máis maiores, co profesor de Educación Física; foron os encargados de asar as castañas mentres os demais esperabamos con impaciencia.
    A espera mereceu a pena porque as castañas estaban boíííííííííísimas.
Para ver todas as imaxes deste magosto, vai a galería.
    Se queres seguir pasándoo ben co magosto, aquí tes varios xogos on-line:
CELEBRAMOS  O  MAGOSTO  (Actividades LIM de Ana Martínez Rey)
O  MAGOSTO (Actividades JCLIC de Félix Pimentel e Dolores Iglesias)

HALLOWEEN / SAMAÍN

 Chega novembro e con el chega tamén a celebración de Samaín ou Halloween.
    Este ano para conmemorar esta data, convocamos dous certames diferentes. Por unha banda un certame de cabazas ou outros obxectos terroríficos para todo o alumnado; e por outra banda, un certame de narración de historias de terror sobre o sonigramaproposto pola TVG e recollido no centro polo Equipo de Biblioteca.
   Como podedes imaxinar, o certame de cabazas foi moi participativo e había cabazas que daban moitísimo medo.

   Ao carón da nosa exposición, non podían faltar os libros; libros da nosa biblioteca que contan historias de terror, pantasmas, bruxas, morcegos, misterio... a que esperas para atreverte a ler un?
    O certame de narración tamén contou con moita participación e tivo como resultado unhas historias terroríficas. Nos seguintes vídeos podedes escoitar algunhas das historias gañadoras:
  
   
    No colexio tamén apareceron, saídos de oscuras e terroríficas covas uns morcegos xigantes dispostos a cantarnos unha canción. Foi unha actuación espectacular dos alumnos de Infantil, de Primeiro e de Segundo.
    Xa pola tarde, contamos no centro coa presenza de Teresa Grau, unha narradora que nos agasallou con contos e historias sobre o medo. Ao alumnado gustáronlle moito as historias aínda que cando os de Infantil marcharon para a súa aula e só quedaban na biblioteca os maiores de Primaria; as historias voltáronse máis e máis terroríficas...
  
   Se queredes ver todas as imaxes deste día: os narradores, as narradoras, os nenos e nenas coas súas cabazas, máis imaxes do contacontos e as fotos dos premiados no certame...só tedes que premer no seguinte enlace.

DÍA DA BIBLIOTECA

    O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.
   Este ano para conmemoralo fixemos co noso alumnado un xogo de probas nos que tiñan que superar varias probas bibliotecarias segundo a súa idade (podedes ver estes retos no documento adxunto).  Mirade que concentrados estaban traballando:
   
   Ademais os nenos e nenas fixeron de autores por un día "escribindo" un libro que pasou a formar parte da estantería do noso mural.
    Tamén tivemos tempo para contarlle aos nenos de Educación Infantil o conto "A Lúa e o Sol" cunha ensinanza moi interesante: NON se poden contar mentiras
 
   Se queredes ver todas as imaxes desta celebración podedes facelo no seguinte enlace:

CERTAME DE NARRACIÓN SAMAÍN / HALLOWEEN

  Este ano para Samaín e Halloween queremos compartir desde a biblioteca o certame de narración de historias de medo proposto pola TVG.
     Este certame está destinado aos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaira.
    As historias que presentedes terán que adaptarse ao sonigrama que podedes escoitar no seguinte enlace:
Estamos esperando os vosos terroríficos relatos!!

PUNTO DE INTERESE

 Contamos na nosa biblioteca cunha nova sección:
Punto de interese
No punto de interese poderedes encontrar os fondos da biblioteca relacionados co tema que estemos a tratar. Xa tedes a vosa disposición os libros de outono.

NOVA DISTRIBUCIÓN DA BIBLIOTECA

 Como sabedes, este verán tivemos obras na nosa biblioteca. Con estas obras ampliamoso espazo e agora contamos cunha nova distribución da mesma.
    Aquí vos deixamos o plano da biblioteca para que poidades orientarvos con máis facilidade e encontrar os fondos sen dificultade.
Plano da Biblioteca
Senon podedes velo ben, podedes descargar o arquivo adxunto.

lunes, 27 de octubre de 2014

Formación de usuarios

Como é unha biblioteca?
Que podemos encontrar nela?
Se queres saber a resposta destas preguntas, podes ver estes vídeos