jueves, 9 de junio de 2016

SEGUNDAS OPORTUNIDADES

    A fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, estivo na biblioteca para falarnos da súa exposición "Segundas oportunidades"

   Unha exposición que conta a historia de 68 mascotas que foron adoptadas despois de encontrarse en situacións de abandono; entre elas pitas, cans, cabalos, cabras....

    Os nenos e nenas estiveron moi atentos a estas historias e despois compartiron as súas propias



    Podedes ver o vídeo desta exposición no seguinte enlace e lembrar a intención desta charla nas verbas de Tamara:

https://drive.google.com/file/d/0B5IzYVQj89cNX3lOclVhamVweXM/view





miércoles, 8 de junio de 2016

LOLA DE PENELAS: ILUSTRACIÓN DO CONTO

Xa temos rematada a nosa ilustración para o conto Lola de Penenlas. Unha muller para o 8 de Marzo.

No noso centro tocounos ilustrar o seguinte texto:

“Daquela - eu nacín en 1886 - non tiñamos nin luz; por ter, nin onde facer as nosas necesidades, a non ser na corte das vacas, no galiñeiro ou nas árbores da contorna. Éravos así, non é coma agora!
Na nosa casa non había fartura, pero sempre había pan ou caldo para lle dar unha cunca aos pobres que viñan pedir pola aldea. Porque o meu pai era cacharreiro, e nunca faltaba o traballo. Xa sabedes a cantiga popular:
“Ao pasar por Gundivós,
o primeiro que se ve,
son as olas a secar
e os fornos a cocer”.

Traballando os ecosistemas cos escornabots na biblioteca

   A partir do tema dos ecosistemas traballado na asignatura de Ciencias Naturais; elaboramos tarxetas correspondentes á flora e á fauna de diferentes ecosistemas: un bosque, o mar e o deserto.

   A primeira tarefa foi buscar nos ordenadores da biblioteca  as imaxes para facer as tarxetas, imprimilas, recortalas e plastificalas:
 
   

    Con estas tarxetas fixemos dúas propostas:

1) Un neno coloca as tarxetas dun ecosistema no taboleiro e outros dirixen ao escornabot para que pase por todas elas ata chegar ao final:

 

    2) Engadimos tarxetas trampa pertencentes a outros ecosistemas. Os nenos deben dirixir ben ao escornabot para que non pase por elas:

martes, 7 de junio de 2016

POEMAS DE MANUEL MARÍA - 1º E 2º DE PRIMARIA

    Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria gravaron para Onda Cero Monforte.

    Cada enlace corresponde ao caligrama que eles memos elaboraron coa letra dos seus poemas:
   













@S NEN@S CONTAN

   Hoxe na biblioteca tivemos un teatro de títeres da man dalgúns alumnos e alumnas de 6º que escribiron a súa propia obra e fixeron os seus títeres: La importancia de la amistad de Aroa, Laura, Iago e José Alberto.

       
 

   

viernes, 3 de junio de 2016

POEMAS DE MANUEL MARÍA - Educación Infantil

    Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que os nenos e nenas de Educación infantil gravaron para Onda Cero Monforte.  

    Cada enlace corresponde ao caligrama que eles elaboraron dos seus poemas





miércoles, 1 de junio de 2016

Os ESCORNABOTS chegan a nosa biblioteca

Que é un robot?

Que son os escornabots?

   O primeiro que fixemos foi achegarnos ao mundo da robótica debuxando algúns dos modelos que aparecen no libro Mis robots en pijarama de Michael Leblond (Ed. Kalandraka) e debuxando outros sen modelos previos.

 
 

  Despois das presentacións empezamos cos exercicios de números que nos propuxeron no curso de Santiago e que aos nenos lles encantaron: