viernes, 23 de noviembre de 2018

APRENDENDO A PROGRAMAR (II)

     Hoxe o alumnado de 1º e 2º de Primaria tivo unha nova sesión con Rocío e Elías para seguir aprendendo a programar con Scratch.

    A proposta que nos fixeron foi a seguinte:

    Scratch tiña que chegar a súa casa e timbrar para que alguén lle abrise a porta e puidera entrar.

   Xa dentro, o noso gatiño tería que ir a súa habitación e (como é un pouco pillo) dar cinco saltos enriba da cama antes de poñerse a durmir.

    Mais... cando xa estivera  durmindo.... tería que vir un can e despertalo!!

    Para realizar esta tarefa, os nenos aprenderon a incluír un decorado, engadir unha escena con outro decorado, pasar dunha escena a outra, facer un bucle para repetir unha acción ás veces necesarias como saltar enriba da cama (ver icono do bucle nas imaxes), engadir un novo personaxe e facer que se comuniquen entre eles enviándose mensaxes.... 


   Que vos parece??  Pois aprenderon un montón e este é o resultado:
  
   E como se fai isto?  Pois con todas as ordes que podedes ver na parte de abaixo das imaxes:

MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  SESIÓN  TAN  BEN  APROVEITADA!!

martes, 20 de noviembre de 2018

lunes, 19 de noviembre de 2018

SEMANA DA MÚSICA: DÍA 1

    O 22 de novembro é Santa Icía, o día da patroa da Música. 

    Como cada ano teremos no colexio un concerto que nos achegue algún instrumento e teremos o concurso da Semana da Música consistente en 4 preguntas sobre o instrumento en cuestión.

     Cada día da semana, na porta da biblioteca encontrarás un acertixo ou unha proba... Os alumnos e alumnas que respondan o maior número de respostas correctas terán un agasallo!

COMEZAMOS:   
 
DE  QUE  INSTRUMENTO  SE  TRATA?
 
PODO SER DOCE  OU  DE PAN,
DE CANA OU  DE  METAL.
 SE  ME  QUERES  ESCOITAR
XUNTA  OS  BEIZOS  E  A  SOPRAR!!

viernes, 16 de noviembre de 2018

APRENDENDO A PROGRAMAR

   Por segundo curso, temos a sorte de contar na biblioteca coa colaboración de Elías e Rocío, os papás de Antía, que son programadores informáticos e que de forma completamente voluntaria e altruista van a adicarlles unhas sesións didácticas aos nosos nenos e nenas de primaria para que se acheguen á linguaxe de programación.
   Hoxe comezou o alumnado de 1º e 2º de primaria  a través da aplicación Scratch junior.
     Comezaron facéndonos tomar conciencia de que podemos encontrar linguaxe de programación en moitos aparellos dos que utilizamos día a día: ordenadores, tablets, móbiles, lavadoras... todo funciona a través da programación!!
        Despois ensináronnos as ordes básicas de Scratch a través duns carteis que elaboraron e que utilizamos para mover un peluche polo taboleiro dos escornabots.
   A continuación pasamos á aplicación Scratch junior nas tables onde puxeron en práctica as ordes aprendidas e coñeceron moitas máis: fixemos desaparecer ao noso gatiño, que volvera a aparecer, que falara...
 
 

UNHA  SESIÓN  MOI  INTERESANTE  E  PROVEITOSA!!
MOITAS  GRAZAS!!