lunes, 17 de diciembre de 2018

POSTAIS CON LUZ

  As postais do alumnado de 5º e 6º de Primaria deste Nadal, son postais con sorpresa e moi creativas. 

    Cunha idea previa que sacamos do blogue Ese rincón del corazón de Manoli Picatua e reforzadas pola intervención de Paola Guimeráns nas Xornadas de Bibliotecas Escolares, decidimos argallar unhas tarxetas con luz.

    Necesitamos unha pila de botón, cinta de cobre adhesiva, leds, celo e o debuxo da postal por duplicado, un en tamaño folio para facer a postal e o circuíto eléctrico e outro para colorear.
  Poñemos dúas tiras de cinta adhesiva de cobre desde o punto no que queremos acender a luz ata o punto onde irán os leds. Unha das tiras debe ir dobrada sobre si mesma para que teña conductividade polas dúas caras de xeito que funcione como interruptor coa pila que se pegará sobre a outra tira que está totalmente pegada.
    No outro extremo das cintas pegamos os leds tendo coidado de que coincida a patiña negativa coa tira adhesiva que está en contacto co lado negativo da pila (neste caso nos puxemos a pila co lado negativo cara abaixo) e pegamos a pila e as patiñas do led con celo.
    Para que a tira adhesiva que funciona como interruptor non esté todo o tempo facendo contacto, poñemos tiras de cartón pluma cubrindo os lados da nosa postal.

   Unha vez que o circuíto está feito, pegamos o debuxo da postal que se vai a ver, picando previamente a parte que se iluminará e pegándolle papel celofán.
    Por último cubrimos os laterais dos anacos de cartón pluma con cinta dorada de Nadal e xa temos as nosas postais listas para iluminar as festas!!
   Ademais este ano, as postais teñen outro engadido: están escritas en verso!
 BO  NADAL!!!

viernes, 14 de diciembre de 2018

APRENDENDO A PROGRAMAR: XORNADA FINAL

  Hoxe rematamos as sesións de programación para os alumnos de 1º e 2º de Primaria que aproveitaron ata  o final e non deixaron nin un momento de aprender e desfrutar programando buzos, peixes, cabaliños de mar... nun fondo mariño que resultou moi movido e incluíndo as súas fotografías nos personaxes que interactúan, voces, cambiando de escenario: un montón de ordes coordinadas que foron capaces de facer!!
   A historia comeza cando un dos membros do grupo vai en barca a recoller aos outros para ir ao fondo de mar a bucear entre peixes, caranguexos, estrelas de mar...
    Para levar un recordo desta actividade, Elías e Rocío entregáronlles aos nenos e nenas un chaveiro co logo de scrath que imprimimos na 3D a partir dun deseño de jfrutoses ao que podedes ver desde aquí https://www.thingiverse.com/thing:1166665 
 
   
COMO  SEMPRE,  MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  COLABORACIÓN!!
UN PRACER  CONTAR  CON  FAMILIAS  COMO A  VOSA!!


jueves, 13 de diciembre de 2018

AS FAMILIAS CONTAN EN RADIUVÍN: Familia de Senén

  Dentro da actividade As familias contan, hoxe acompañáronnos Senén e a súa nai Sonia que xa é veterana nesta actividade porque é unha das nais que participa nela desde a primeira convocatoria.

   Nesta ocasión contáronnos unha versión en galego do conto clásico: O frautista de Hamelín.
  Sonia  foi  a narradora desta historia e Senén o frautista, pero un frautista de verdade xa que el toca a frauta traveseira e a narración contou coas súas correspondentes pezas de música.

    Se quedades coas gañas de escoitar esta fermosa versión con música en directo podedes escoitar a emisión do conto en Radiuvín.




MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  CONTAR  Á  NOSA  BIBLIOTECA!

viernes, 7 de diciembre de 2018

NORABOA YOLANDA!!

    A mestra do noso colexio, Yolanda Vázquez, ven de recoller o XII Premio de investigación Condado de Pallares polo seu traballo "Percorrido polos caneiros do Miño pertencentes a Guntín de Pallares".
El Progreso, 1/12/2018
La Voz de Galicia, 1/12/2018
     Para falarnos deste premio, o alumnado da súa titoría fíxolle unha entrevista en Radiuvín.



    PARABÉNS   YOLANDA!!

miércoles, 5 de diciembre de 2018

PAPEL QUE NON SE MOLLA

Se metemos un papel dentro dun vaso e o vaso dentro dun recipiente con auga, como sairá o papel??

Mirade atentos o experimento que fixo o alumnado de infantil, sairá seco ou mollado?



martes, 4 de diciembre de 2018

O AIRE QUE NOS RODEA

    O aire que nos rodea é o experimento que fixeron os nenos de 3º e 4º de Primaria para comprobar que, aínda que non o vemos, estamos rodeados de aire...

Estade  atentos!