viernes, 23 de abril de 2021

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

     O alumnado de Infantil traballou o conto  Unha eiruga moi larpeira  de Eric Carle para conmemorar o Día do Libro e despois fixeron uns coloridos puntos de lectura que representan a esta eiruga que pasa todo o conto comendo ata que ao final se transforma nunha fermosa bolboreta.



Versión do conto: Nieves mf

jueves, 22 de abril de 2021

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Pilar (I)

As familias contan tamén se suman á conmemoración do Día do Libro coa familia de Pilar.

    Maite e Pili  deixáronnos gravados varios capítulos do libro  Non te cases, papá!  de Fina Casalderrey que iremos compartindo un a un.


GUSTOUVOS?

QUEREDES  ESCOITAR COMO SEGUE A HISTORIA? 

NON VOS PREOCUPEDES, CONTINUARÁ...


NOVOS E RENOVADOS ESCORNABOTS

     Como tiñamos varios escornabots que non funcionaban demasiado ben e ademais pensabamos en ampliar a familia escornabótica, decidimos dedicar súas sesións de docencia do Plan de Formación Permanente do Profesorado a aspectos técnicos e resolución de dúbidas de montaxe.

  
  Como resultado agora temos catro escornabots novos e os que xa tiñamos, arranxados e funcionando perfectamente.





viernes, 9 de abril de 2021

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Carla Martínez


  Sabemos que esta é unha actividade que lle gusta moito ao noso alumnado, por iso estamos moi contentos de que as familias sigan participando a pesar da situación sanitaria que vivimos. 

  Nesta ocasión son Carla Martínez e a súa nai Lupe as que se animan a ler o conto  Roi quere ser mamá, escrito por Ana Pillado Vega e editado por A nosa Terra no que se reflexiona sobre a ruptura de estereotipos de xénero.

   

      Nesta historia descubriremos que Roi quere ser mamá porque quere coidar á súa irmán pequena como o fai a súa nai, pero... por que? en realidade os pais non saben coidar aos bebés? Escoitade atentos...


 MOITAS  GRACIAS  CARLA  E  LUPE  

POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!!

jueves, 8 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: DANO CEREBRAL ADQUIRIDO

     En 1948 a OMS (Organización Mundial da Saúde) proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde co obxectivo de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas. Tamén a Axenda 2030 propón Saúde e Benestar como un dos seus obxectivos.

  A través dos Servicios Sociais do Concello de Sober, tivemos unha actividade da FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral Adquirido) enmarcada dentro da campaña de sensibilización e información sobre esta discapacidade que afecta a unhas 35.000 persoas en Galicia.

  Para isto achegáronse á nosa biblioteca Elisa López (Neuropsicóloga) e Nerea Darriba (Terapeuta Ocupacional) de ADACE (Asociación de dano cerebral sobrevido/adquirido de Lugo) e Carla Miranda (Traballadora Social) de FEGADACE.

   Nesta actividade, o alumnado de Primaria aprendeu que o dano cerebral adquirido é a discapacidade que resulta dunha lesión no cerebro causada por ictus, traumatismos, tumores, enfermidades como a meninxite, enfermidades neurodexenerativas... é algo que se produce de repente e que afecta a persoas que tiñan unha vida normal e a partir dese momento pasan a ter unha vida con limitacións.

     As consecuencias deste dano cerebral adquirido poden afectar a actividades básicas como asearse, vestirse, controlar esfínteres ou desprazamentos, comer... ou a actividades instrumentais como facer a compra, usar o transporte público, traballar... 

    Para que xs nenxs tomasen conciencia sobre estes aspectos tamén realizaron actividades prácticas que lles axudaron a comprender o alcance destas limitacións:

intentar atar os cordóns ou desvestirse cunha soa man

  
 

utilizar diferentes aparatos de apoio para a limitación física de desprazamento

 

camiñar sen ver, guiados por un compañeiro/a



   Despois desta charla quedounos moi ben aprendida a importancia de coidar do noso cerebro así que xa sabedes: ALIMENTACIÓN  EQUILIBRADA, DEPORTE  E  DESCANSO  SUFICIENTE!!

 Podedes ver máis imaxes desta actividade na

GALERÍA  DE  IMAXES

BIBLIOPATIO

     Xa que este ano soamente pode acceder á biblioteca un grupo burbulla cada día, decidimos sacar a biblioteca ao patio para que todo o alumnado poida ler nos tempos de lecer se así o desexa.

    O único que hai que facer é coller un libro da parte lateral que pon préstamos e devolvelo pola parte lateral que pon devolucións para que os demás saiban se ese libro se pode coller ou está en corentena.
 

 
BOAS  LECTURAS!!


viernes, 2 de abril de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

     O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril coincidindo coa data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen coa finalidade de despertar o interese e o amor pola lectura nos nenos e nas nenas.

    Este ano o cartel e o pregón baséanse no lema A música das palabras.

    Como xa sabiamos que este día íamos a estar de vacacións, as biblioaxudantes Paula, Lucía e Zaira deixaron gravado un conto popular titulado Hans e a princesa utilizando o Kamishibai para que o puidésemos ver hoxe. Tamén ao principio do vídeo podedes ler o pregón deste ano, esperamos que vos guste!!


 FELIZ  DÍA  INTERNACIONAL  DO  LIBRO  INFANTIL!!