viernes, 18 de febrero de 2022

CLUB DE LECTURA: 8ª sesión

  Hoxe rematamos a lectura do libro  El dulce hogar de Chi  de Konami Katana debatindo sobre diferentes aspectos a partir de preguntas relacionadas coa lectura destes últimos capítulos:

 - Consumismo: dámoslle realmente valor aos agasallos que recibimos ou facemos como Chi e xogamos cos envoltorios dos mesmos? 

-  Sentimentos: pode unha mascota gardar rencor como Chi ao pai por levala ao veterinario?

- Abandono animal: que sinte Chi cando se queda soa? que podemos facer coas mascotas se nos imos de vacacións?

   Como conclusión podemos dicir que para o alumnado que leu manga por primeira vez foi unha experiencia enriquecedora e para os demais foi un achegamento ao mundo manga distinto xa que os mangas que están lendo teñen unha temática ben diferente a esta.


    Para rematar a sesión, Susana, Gareth e Valeria foron os locutores do 2º programa de radio dedicado ao club de lectura no que nos falaron deste libro e de todo o que deu de si.

 

    Depois, tivemos a presentación oficial do logo do club deseñado por Lucía Rodríguez de 6º de Primaria e repartimos pegatinas que xa adornan as portadas das libretas do club.



jueves, 17 de febrero de 2022

APRENDE A ESTUDAR E COMPRENDO O QUE LEO

   Nesta nova sesión do obradoiro Aprende a estudar e Comprendo o que leo os nenos e nenas aprenderon técnicas para facer esquemas; o que seguro que lle virá moi ben para o futuro.





domingo, 13 de febrero de 2022

DÍA MUNDIAL DA RADIO - 2022

    O 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio e desde  Rede ESPORA  propuxéronnos colaborar nun programa común con outras radios escolares que tamén forman parte do Proxecto Radio na Biblio de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia baixo o lema SÍ A LA RADIO, SÍ A LA CONFIANZA proposto pola UNESCO.


    Neste proxecto unímonos aos seguintes centros:  CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal, CEIP Frián de Teis, CEIP Víctor Saénz de Mazaricos, CEIP Plurilingüe da Torre Cela de Bueu, CEIP da Pobra de Brollón, CEIP Rosalía de Castro de Lugo, CEIP Seara de Moaña, CEIP de Seixo (Marín), CEIP Manuel Masdías de Ferro e CEIP de Olveira (Ribeira). 
 
    Cada un dos centros tiña que gravar unha noticia falsa pero verosímil e despois aclarar o falso da noticia e a importancia de que os medios de comunicación contrasten as novas antes de emitilas pero tamén de que os que as escoitamos, lemos ou vemos; sexamos críticos con estas informacións.

   Para iso recordamos a infografía publicada pola IFLA na que se nos achegan 8 aspectos importantes que deberiamos ter en conta á hora de valorar unha noticia.

   Con todas as nosas colaboracións, os responsables de Rede Espora elaboraron o programa final que podedes escoitar  a  continuación:


MÁIS  INFORMACIÓN: Día Mundial da Radio. Rede Espora

viernes, 11 de febrero de 2022

CLUB DE LECTURA: 7ª Sesión

    Para esta sesión do club de lectura, tiñamos que ler os 10 primeiro capítulos do libro  El dulce hogar de Chi  de Konami Katana.

    Comezamos falando das dificultades atopadas para ler manga. Aínda que todos os membros leron os capítulos acordados, algúns tiveron problemiñas para a lectura; por iso decidimos ler o seguinte capítulo en voz alta como se se tratase dunha obra de teatro e a verdade é que nos botamos unhas risas con tanto miauuu, poing, arf, ris, ras, ris, ras....

   Despois fixemos unha valoración dos primeiros capítulos e chegamos a conclusión de que lles gustou moito porque é unha lectura moi rápida, moi inmediata e cunhas ilustracións moi atractivas.

  Tamén reflexionamos e conversamos sobre a temática desta historia: 

Que implica facerse cargo dunha mascota? 

As vosas mascotas están educadas?

Credes que teñen memoria os animais? 

Parécevos ben que as comunidades de veciños poidan impedir que haxa mascotas nos edificios?

SEGUIDE  LENDO!!

VÉMONOS  O  VENRES  DÍA  18!!