viernes, 12 de diciembre de 2025

CLUB DE LECTURA (3 - 2025/2026)

    Contiuamos coa lectura do libro Fábulas de Esopo, a antoloxía realizada por Jerry Pinkney.

     Comezamos comentando o retrato de Esopo feito por Velázquez. Un retrato no que Velázquez o representa mirando ao espectador cun libro na man dereita e vestido como un mendigo aínda que é un retrato libre xa que lembramos que, segundo parece, Esopo vivu en Grecia fai máis de 2500 anos. 

    Para esta sesión tiñamos que ler as primeiras 20 fábulas entre as que había fábulas moi coñecidas como A lebre e o sapoconcho, O pastor e o lobo ou As cigarras e a formiga pero tamén outras menos coñecidas como O burro e o can faldreiro, O vento do Norte e o Sol ou Androcles e o león.

     Tanto unhas como outras foron ben acollidas polos membros do club xa que lles gustou moito a súa lectura.

      Ademais puidemos comentar moitas das ensinanzas morais ("moralejas") destas fábulas xa que seguen estando de actualidade.

Esperamos que as próximas fábulas lles gusten tanto como estas!

A APALPADORA VISITA A BIBLIOTECA!!

   Hoxe recibimos na biblioteca á Apaldora que chegou desde as montañas para visitarnos a través da área de Cultura da Deputación de Lugo.

    Antía, é a filla do lexendario Apalpador que colleu o testigo do seu pai e, xunto co músico André, veu a apalpar os bandullos dos nenos e das nenas do noso colexio para comprobar se comeran ben ao longo do ano e para desexarlles fartura, saúde e alegría no ano que chega.

   Aínda que como eramos moitos, tivo que pedir a colaboración dalgúns compañeiros para que a axudaran.

    Ademais tamén compartimos cantigas, lendas e historias da nosa cultura sobre o monte e os animais que viven nel.



    Un espectáculo no que aprendemos moito sobre esta figura tradicional galega e valores como o repecto polo monte e o mundo rural.


jueves, 11 de diciembre de 2025

OUTONO EN INFANTIL

    Chegou o outono e os nenos e nenas de Educación Infantil comezaron a descubrir os cambios que se producen nesta estación a partir da lectura do conto  O Ladrón de follas   de Alice Hemming e Nicola Slater.

    O protagonista desta historia é Esquío, que está que bota chispas porque onte había unha morea de follas na súa árbore, pero hoxe.... Onde están? Hai un ladrón?... Ao final do conto descúbrese que o único ladrón do bosque é o vento do outono, que leva as follas dun lado para o outro.

    A partir desta lectura as crianzas fixeron unha actividade moi orixinal: pintar cos ourizos das castañas! Para isto o primeiro paso foi recoller os ourizos do patio da escola, eso si, empregando unas pinzas para non pincharse.


    Despois veu a parte máis divertida: botamos pintura das cores do outono nun papel metido nunha gabeta, metemos tamén o ourizo e movémola moito para que os ourizos foran pintando por todo o papel. 




Así de orixinais quedaron estas obras de arte!


    Ademáis de pintar cos ourizos, aprendemos que eles son a "casiña" das castañas mentres están medrando na árbore, e que unha das festas máis importante desta estación está precisamente relacionada con estes froitos, o magosto!

   Para esta celebración decidimos facer un portacastañas empregando materiais de refugallo. Tivemos que estar  durante un tempo gardando os envases de leite baleiros do comedor, lavalos e cortalos á metade. 

    Logo estampamos con esponxas uns papeis continuos de cores relacionados con esta estación.




    Cando os papeis estiveron secos empregámolos para forrar os envases de leite que rematamos de decorar cunhas castañas que os nenos e as nenas pintaron e cos nomes, que se recortaron coa cricut.

    
    Para rematar as actividades de outono, as crianzas tamén fixeron unha composición artística. Comezaron facendo liñas nun papel con acuarelas amarelas, laranxas e marróns.
  
    E logo pintaron unha folla con marrón escuro e estampárona enriba do fondo de acuarela, acadando este resultado tan fermoso. 



 E  AGORA...
 
QUE  NOS  TRAERÁ  O  INVERNO??
 
 

miércoles, 3 de diciembre de 2025

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025 (III)

 

     Seguimos compartindo experimentos realizados durante novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

    Compartimos hoxe os experimentos de 4º de Primaria para que vexades que pequenos científicos e científicas tan marabillosos temos neste curso.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    A Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 proclamou o 3 de decembro como o  Día Internacional  das Persoas con Discapacidade  co fin de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade e concienciar sobre a súa situación.

   Esta finalidade recóllese tamén nos obxectivos da Axenda 2030  Obxectivo 10: Redución das desigualdades. 

  

    No centro quixemos conmemorar este día a través do libro Diferentes diferenzas escrito por Silvia Penide e compartido polo alumnado de 6º.

 

    Este libro ten como protagonistas personaxes con diferenzas mois variadas: un elefante con tres patas, un gato con dúas narices, unha rapaza con 12 dedos...



         Despois de coñecer aos protagonistas e de escoitar como superan as súas diferenzas, rematamos a actividade facendo un coloquio na biblioteca coa finalidade de sensibilizar ao alumnado sobre a realidade das persoas con discapacidade e sobre as dificultades que teñen que enfrontar na súa vida.

 

 

 

martes, 2 de diciembre de 2025

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025 (II)

  

     Seguimos compartindo experimentos realizados durante novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

    Compartimos hoxe os experimentos de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria para que vexades que pequenos científicos e científicas son:

 

 

  

 

 

 

lunes, 1 de diciembre de 2025

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025 (I)

       En novembro conmemórase o Mes da Ciencia en galego coa finalidade de mostrar que a lingua galega é tan útil e tan válida como calquera outra para facer pescudas e divulgación científica. 

   Para comprobalo estivemos facendo diferentes experimentos durante todo o mes e hoxe comezamos compartindo os experimentos de Educación Infantil: