jueves, 11 de diciembre de 2025

OUTONO EN INFANTIL

    Chegou o outono e os nenos e nenas de Educación Infantil comezaron a descubrir os cambios que se producen nesta estación a partir da lectura do conto  O Ladrón de follas   de Alice Hemming e Nicola Slater.

    O protagonista desta historia é Esquío, que está que bota chispas porque onte había unha morea de follas na súa árbore, pero hoxe.... Onde están? Hai un ladrón?... Ao final do conto descúbrese que o único ladrón do bosque é o vento do outono, que leva as follas dun lado para o outro.

    A partir desta lectura as crianzas fixeron unha actividade moi orixinal: pintar cos ourizos das castañas! Para isto o primeiro paso foi recoller os ourizos do patio da escola, eso si, empregando unas pinzas para non pincharse.


    Despois veu a parte máis divertida: botamos pintura das cores do outono nun papel metido nunha gabeta, metemos tamén o ourizo e movémola moito para que os ourizos foran pintando por todo o papel. 




Así de orixinais quedaron estas obras de arte!


    Ademáis de pintar cos ourizos, aprendemos que eles son a "casiña" das castañas mentres están medrando na árbore, e que unha das festas máis importante desta estación está precisamente relacionada con estes froitos, o magosto!

   Para esta celebración decidimos facer un portacastañas empregando materiais de refugallo. Tivemos que estar  durante un tempo gardando os envases de leite baleiros do comedor, lavalos e cortalos á metade. 

    Logo estampamos con esponxas uns papeis continuos de cores relacionados con esta estación.




    Cando os papeis estiveron secos empregámolos para forrar os envases de leite que rematamos de decorar cunhas castañas que os nenos e as nenas pintaron e cos nomes, que se recortaron coa cricut.

    
    Para rematar as actividades de outono, as crianzas tamén fixeron unha composición artística. Comezaron facendo liñas nun papel con acuarelas amarelas, laranxas e marróns.
  
    E logo pintaron unha folla con marrón escuro e estampárona enriba do fondo de acuarela, acadando este resultado tan fermoso. 



 E  AGORA...
 
QUE  NOS  TRAERÁ  O  INVERNO??
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario