viernes, 6 de noviembre de 2015

MAGOSTO NO COLEXIO!!

Chegou o día do magosto no colexio!!

    Como cada ano, non puideron faltar as castañas asadas, traballo para o que contamos coa presenza de dous ex-membros moi queridos por esta comunidade educativa: Tito, o conserxe e José Manuel Álvarez, profesor recién xubilado de Educación Física.
   Podedes ver todas as fotos do magosto seguindo o enlace: GALERÍA DE FOTOS.

   Pero nun día tan divertido, non podiamos olvidarnos da literatura. Neste caso, tendo como protagonista O ourizo, un poema do libro Os soños na gaiola, escrito por Manuel María escritor ao que se lle adicará o Día das Letras Galegas en 2016
  
  Le o seu poema e despois fai o test de comprensión lectora a ver si eres quen de superalo:
 
O  OURIZO
 
Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.

Tal un señor moi mandón:
no bico dun castiñeiro
o ourizón
toma o sol moi riseiro.

O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
- ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.

Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:
e xa fuxiu a castaña...!
 
http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/2155079/o_ourizo__manuel_maria_.htm

miércoles, 4 de noviembre de 2015

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


     Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións. 
 
      Desta vez o autor do manifesto para o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas é o científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira, quen lembra no seu fermoso texto que "o galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia."

 NO  PUNTO  DE  INTERESE  DA  NOSA  BIBLIOTECA, RECOMENDÁMOSCHE ALGÚNS LIBROS  DA  NOSA  PARA  QUE  POIDAS  FACER  MOITA  CIENCIA
 

martes, 3 de noviembre de 2015

CERTAME CREACIÓN LITERARIA: A BRUXA TOLA

     Como xa sabedes, dentro da celebración do Samaín / Halloween; había un apartado dedicado á creación literaria.

    O desafío deste Certame de Creación literaria era o seguinte: partindo do principio do conto A bruxa tola de Josep Gregori, deberían rematar a historia utilizando o seu maxín. 

     Se premedes na imaxe poderedes acceder ás historias escollidas.

http://issuu.com/biblioteca.virxedocarme/docs/certame_a_bruxa_tola

jueves, 29 de octubre de 2015

HALLOWEEN - SAMAÍN

   O día 31 de outubro festéxase a festa de Samaín ou Halloween; como non imos a estar no centro ese día, adiantamos a súa celebración.
 
    Este ano fixemos tres actividades diferentes: lectura e creación literaria de contos de medo e a exposición de cabazas.

        Lectura de contos de medo: durante toda a semana, tivemos o punto de interese cheíño de libros e contos adicados a esta celebración. Pero en vez de estar na biblioteca, estivo na entrada do colexio onde todo o mundo podía pararse a ver os libros para lelos nos tempos de ocio ou levalos en préstamo.
 
   
   Hoxe pola tarde, Ángel e Aroa alumnos de 5º e 6º de Primaria nos contaron ao resto do colexio o conto Os tres bandidos onde os bandidos acaban non sendo tan malos como parecían.

   
   

    Creación literaria: despois de reflexionar como os contos ás veces non teñen os finais esperados; propoñémoslle ao noso alumnado un desafío de creación literaria: partindo do principio do conto A bruxa tola de Josep Gregori, deberán rematar a historia utilizando o seu maxín. Esperamos que despois desta ponte, as historias que nos traian sexan sorprendentes.
 
 
   

  Exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos: unha das actividades que máis lles gusta aos nenos é a exposición de cabazas ou lucecús terroríficos. Aquí tedes unha foto da exposición deste ano e dos morcegos que elaboraron con material de refugallo. 

 

  

lunes, 26 de octubre de 2015

AMIGOS DEL LIBRO INFANTIL Y JUVENIL

      A Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil, acaba de publicar na súa páxina web unha reseña da nosa celebración do Día da Biblioteca.

   Podedes acceder a ela no seguinte enlace:

http://www.amigosdelibro.com/eventos-dia-de-la-biblioteca

viernes, 23 de octubre de 2015

DÍA DA BIBLIOTECA 2015

    Dentro das actividades previstas para este día na biblioteca, contamos coa presenza de Estefanía Padullés a autora e ilustradora de libros infantís.

   Esta autora contoulles aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, o conto do seu libro O desexo do gato Klops. Os alumnos disfrutaron moito desta narración e puideron ver da man da súa autora as ilustracións orixinais feitas a acuarela.



Antes de marchar, a autora adicounos o seu libro, e unhas verbas para o noso colexio



   Por outra banda, os alumnos de Primaria asistiron ao taller: Como se fai un libro? no que Laura Rodríguez, representante de Hércules Edicións lles explicou todo o proceso de elaboración dun libro, desde o autor ata a librería; pasando polos ilustradores, tradutores, imprentas...


Tamén Laura nos adicou unhas verbas no libro de Lectuvín:




A BIBLIOTECA AGARDA POR TI

     O 24 de outubro é o Día da Biblioteca; pero como é sábado, hoxe venres aproveitamos para poñer en marcha a nosa biblioteca.


     Aquí vos deixamos un vídeo da nosa biblioteca para empezar as actividades con moita ilusión

https://www.youtube.com/watch?v=Gh7qte88dJ8

    
    Rematamos entregándolle a cada un neno un marcapáxinas do Colectivo Lemos Le, do que a nosa biblioteca forma parte.

    Neste punto de lectura inclúese o texto que Olga Novo nos adicou para este día.