"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
G. Grass
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reparou
durante a fin de semana os danos que o temporal de chuvia e vento
provocou no noso centro co fin de retomar hoxe as clases con
normalidade.
Ao longo do día de hoxe a empresa encargada das obras revisará a zona
afectada e medirá os remates perimetrais e canlóns para proceder á súa
instalación tan pronto como estea seca.
Dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DE SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS, contamos no centro coa presenza dun membro da Garda civil experto nos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.
Os temas abordados nesta sesión
foron moi interesantes, actuais e axeitados ás inquedanzas do noso alumnado;
algúns deles foron:
- CIBERBULLYNG: acoso
escolar a través das redes sociais agravados con aspectos racistas ou
xenófobos.
- SEXTING e SEXTORSIÓN:
os perigos da difusión de contidos de carácter sexual; tanto propios (imaxes,
vídeos...) como alleos.
-VIOLENCIA DE XÉNERO:
en canto ao acoso e control que un membro de parella pode exercer sobre as
actividades na rede ou o móbil do outro membro.
- GROOMING: cando un
adulto se fai pasar por menor mediante un falso perfil para establecer
relacións con un menor.
- XOGOS EN REDE:
xogos para adultos moi violentos ou de contidos sexuais extendidos entre
adolescentes e preadolescentes.
- CONTRASINAIS: métodos
para a construción de contrasinais seguros, dobres contrasinais... para evitar
os roubos de datos nas contas de internet así como para evitar que algún pirata
informático poida acceder ao noso historial de busca, ás fotos, a cámara do
portátil, tablet ou móbil...
Unha charla moi produtiva
que esperamos que o noso alumnado teña en conta cando vaia a facer uso de
internet e das redes sociais
Seguindo co curso do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) que
estamos a desenvolver no centro; esta xornada de formación está adicada á impresión 3D: programación, funcionamento e uso didáctico.
Nesta última sesión, coñecemos de primeira man o traballo cunha impresora en 3D. Unha ferramenta moi interesente para o futuro.
Clickando na seguinte imaxe podes ver un vídeo resumo da impresión dunha peza para os carritos do supermercado.
Ademáis, desta sesión de traballo quedáronnos de recordo as letras que forman o nome do noso centro.
A músicanon pode faltar na nosa Biblioteca escolar: territorio das artes. Por iso, acabamos de ter nela un encontro con Jesús Pareja, mestre de música do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol, Musicólogo, compositor e Director do Coro da Universidade Sénior de Ferrol onde tamén é mestre de Linguaxe Musical.
Neste encontro, o compositor explicoulle ao noso alumnado moitos aspectos relacionados coa música e a composición de obras tanto para nenos como pop ou máis clásicas, e eles puideron preguntarlle as súas dúbidas ao respecto.
A continuación, puidemos gravar con él a súa canción De que che vale? coa que queremos conmemorar o Día da Paz; porque tamén se pode traballar pola paz dende a música; así que como di o retrouso:
Cantemos unidos pola paz,
tiremos do mundo pola paz,
coidemos da vida pola paz,
fagámolo xuntos pola paz.
Ademais neste retrouso, poñemos en práctica as ensinanzas de Lingua de Signos; nel pódese ver como o alumnado de Primaria signa a primeira parte de cada verso; e o de infantil a parte final "pola paz"
Queremos agradecerlle ao autor a súa presenza desinteresada no centro e as súas verbas tan agarimosas.
Na GALERÍA DE FOTOS podedes ver imaxes da preparación do mural,
dos ensaios, do encontro e da gravación do vídeo